Formación Práctica de Loita Contra o Lume do alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS REALIZA UNHA FORMACIÓN PRÁCTICA EN LOITA CONTRA O LUME

 

Como en cursos anteriores o alumnado de 1º do CS Prevención de Riscos Profesionais acudiu o luns 10 de xuño ás instalacións de Seganosa en Salvaterra do Miño para poñer en práctica os coñecemos adquiridos módulo de Emerxencias sobre extinción do lume mediante emprego de extintores tanto de pó como CO2 e mangueiras. Agradecemos ao persoal de Seganosa a súa colaboración na formación do noso alumnado.