Taboleiro
Mobilidade Alemaña. Dinamización FP DUAL
Enviado por charo.cid o Mér, 18/12/2019 - 15:07O alumnado de FP Dual do CM Mantemento electromecánico e CS Mecatrónica industrial realizaron unha Mobilidade a Alemaña enmarcada dentro do Plan de dinamización da FP dual de Galicia da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Esta mobilidade permitiulle ao alumnado visitar a Feira Blechexpo and Schweisstec sobre tecnoloxías de unión e tratamento de chapa en Stuttgart. Nesta feira puideron aprender e visualizar novas tecnoloxías neste campo de traballo. Ademais tamén visitaron en Paderborn a central da empresa coa que realizan a formación dual, Benteler Automotive GmbH.
Esta viaxe tamén serviu para mellorar as súas competencias sociais e lingüísticas, visitando distintos museos en varias cidades alemáns como Stuttgart, Munich, Colonia ou Paderbor.
Simulacro No IES Politécnico de Vigo 2019/2020
Enviado por charo.cid o Mér, 11/12/2019 - 14:06O día 27 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no noso Instituto de forma EXITOSA.
Dar as grazas a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil do Concello de Vigo pola súa presenza ano tras ano , a nosa compañeira de Emerxencias Isabel Rodríguez e ao titor de 2º de FP Básica Antonio Ramilo pola sua organización, ao alumnado de 1º do Ciclo de Prevención e ao alumnado de 2º de FP básica pola organización previa, e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .
Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!
3 De Decembro Día Internacional Da Diversidade Funcional
Enviado por charo.cid o Lun, 09/12/2019 - 14:32O día 3 de decembro Día Internaciónal da Diversidade Funcional no Politecnico de Vigo celebrámolo con instalacións de TEGP baixo a dirección do profesor Lois Corvera e Exposición de Deseño realizadas polo alumnado de 2º Bacharelato Artes baixo a dirección da profesora Gema Jiménez .
Día Internacional da Violencia de Xénero No IES Politécnico
Enviado por charo.cid o Xov, 28/11/2019 - 14:35O alumnado de 1º curso do Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica, dinamizados pola súa profesora Carme Adán e Equipo Igualdade instalaron a exposición “ O machismo mata” con 51 globos negros en homenaxe as 51 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019.No momento da publicación 52.
Visita Facultades 2º Bacharelato de Artes
Enviado por charo.cid o Xov, 28/11/2019 - 11:32O martes 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou as Facultades de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación, así como a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais para coñecer de cerca as titulacións de Grao e Master que ofrecen. Unha interesante visita que favorecerá a toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional entre outras propostas e accións que se desenvolverán ao longo do curso.
Solicitude bolsa Erasmus+ Ciclos Formativos Medios e Superiores
Enviado por charo.cid o Lun, 25/11/2019 - 14:42O venres 29 de Novembro rematará o prazo de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+, nesta nova convocatoria.
Solicita a túa bolsa Erasmus+!
Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.
Enviado por charo.cid o Mar, 19/11/2019 - 18:14O Equipo de Igualdade do Politécnico de Vigo, un ano máis, elaborou un amplo programa de actividades para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de xénero.
Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación
Enviado por charo.cid o Ven, 08/11/2019 - 13:55O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE" organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.
"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)
Solicitude bolsa Erasmus Ciclos Formativos Medios e Superiores
Enviado por charo.cid o Ven, 18/10/2019 - 10:07Xa podes facer a túa solicitude de bolsa Erasmus. Vive a túa experiencia Erasmus!
8 de cada 10 ERASMUS atopan traballo antes de tres meses. Reportaxe interesante na TVE2.
Novo Horario Servicio de Orientación Laboral-Profesional.
Enviado por charo.cid o Ven, 04/10/2019 - 09:50No SERVIZO de Orientación laboral e profesional continuamos, este curso, informando e orientando a todo o alumnado nos máis variados temas de interese profesional e laboral.
Charla Informativa BOLSAS ERASMUS+ para facer a FCT e PRÁCTICAS no Extranxeiro
Enviado por charo.cid o Xov, 03/10/2019 - 11:35O mércores 16 de outubro 2019 no SALÓN DE ACTOS do Instituto vaise celebrar duas CHARLAS INFORMATIVAS sobre as BOLSAS ERASMUS+ para facer a FCT e PRÁCTICAS en paises europeos.
A primeira das charlas será para o alumnado da mañan, e celebrarase ás 11:30 h., e a segunda pola parte ás 19:20 h.
Nesa CHARLA INFORMATIVA teredes a oportunidade de preguntar calqueira cuestión que desexedes aclarar sobre as mobilidades ERASMUS+.
Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.
Enviado por charo.cid o Xov, 26/09/2019 - 09:46A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral, e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.
Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.
Notas provisionais das ABAU.2019
Enviado por admin o Dom, 23/06/2019 - 23:02FP DUAL en Vigo OFERTA 2019 - 2020 XORNADAS INFORMATIVAS
Enviado por admin o Lun, 17/06/2019 - 11:05LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS
Enviado por secretaria o Mar, 11/06/2019 - 13:34Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinad
Probas de Acceso Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Enviado por charo.cid o Mér, 29/05/2019 - 11:39Aberto o prazo de solicitude para a realización das probas de acceso a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia para o curso 2019-2020.
Inscripción:
- Data: Do 14 de Maio ata o 7 de Xuño
- Lugar: Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o seguinte formulario www.edu.xunta.es/reximeespecial. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da ESAD de Galicia.
PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS:
17 de xuño de 2019 no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Ver horarios e características da proba na Resolución do 29 de abril de 201
PROBA ESPECÍFICA:
1 de xullo de 2019 na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia de acordo co calendario establecido polos tribunais de cada especialidade.
Máis información:
Probas de Acceso Ás Ensinanzas Profesionais das Escolas Superiores de Artes Plásticas e Deseño 2019/2020.
Enviado por charo.cid o Mar, 28/05/2019 - 09:57Solicitudes na propia EASD ata o 25 de xuño.
Realización das probas na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela
- Proba de madureza, 3 de xullo
- Proba específica, 15 de xullo.
Máis información na seguinte ligazón:
http://www.escolarte.com/wp-content/uploads/2019/05/AnuncioG0534-130519-0005_gl.pdf
Probas De Acceso Ás Ensinanzas Superiores De Deseño (Esad) 2019/2020.
Enviado por charo.cid o Xov, 23/05/2019 - 13:40Inscrición ata o día 7 de xuño, para todas as modalidades de acceso. Pódese facer online.
- PROBA MADUREZA: 17 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
- PROBA ESPECÍFICA: 3 de xullo na EASD Pablo Picasso (A Coruña)
- Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.
- Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas
Ligazóns:
http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/acceso-deseno-2019-20
http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno
Charla Informativa Sobre Acceso Á Universidade. Abau 2019.
Enviado por charo.cid o Mar, 14/05/2019 - 12:39O presidente da CIUGA impartirá unha charla informativa o día sobre a proba de acceso á Universidade (ABAU) así como o procedemento para solicitar Graos Universitarios.
Data: Marte 21 maio
Hora: 12:30
Lugar: Paraninfo do IES.Politécnico
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »