Skip to Content

2021-2022

Visita de Marilar Aleixandre

Continuando cas actividades para conmemorar o 25N, hoxe o alumnado e o profesorado de 1º e 2º ESO recibimos a visita de Marilar Aleixandre. Empregando como fío condutor a súa novela "A cabeza de Medusa", falounos sobre a violencia sutil e non reflexionada que envolve o noso día a día e á que estamos habituados.

Esta actividade desenvolveuse dentro do programa "Pasemos Páxina", organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Conmemoración do 25 N

Dende a Biblioteca conmemoramos o 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, coa exposición dos carteis presentados ao concurso na categoría de "imaxe gráfica".

Súmase á exposición o "Manual dos modais básicos", no que alumnas de 4º B (Naira, Judith e Siomara) abordan certos temas tabú relacionados co xénero, a sexualidade e o colectivo LGBTIQA+. Aínda que este traballo non está directamente relacionado co obxectivo do 25N, consideramos que nesta semana é importante recordar as palabras RESPECTO e IGUALDADE.

De entre os presentados no centro, estes son os carteis escollidos para enviar ó Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero, convocado pola Consellería de Educación:

             

              
 

 Ainhoa Rodríguez Pose (2ºB)

 Marcos González López (3ºB)

 

Concurso polo "Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller"

Anímase ao alumnado a participar neste concurso para visibilizar e reflexionar sobre a loita contra a violencia de xénero.

Podedes presentar carteis, cómics,... e, tamén, realizar unha montaxe audiovisual (curta, danza, texto recitado,...) en grupos de máximo 8 persoas e separados en dúas categorías: 1º-2º ESO e 3º-4º ESO.

Cada grupo estará titorizado por un/a profesor/a.

Tedes de prazo para presentar as vosas creacións ata o 15 de novembro ás 15:00h.

Aquí vos deixamos o cartel e a convocatoria do concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut