Skip to Content

2019-2020

Novo premio para o IES Pedra da Aguia

O martes 16 de xuño tivo lugar de forma telemática a entrega dos premios do I Concurso de ideas creativas, convocado por EuropaDirect A Coruña para celebrar o Día de Europa. O noso instituto volveu acaparar as primeiras posicións. O traballo gañador foi realizado polas embaixadoras júnior Laura Sar, Noa Tedín e Andrea Rial, que recibiron como agasallo principal unha tableta.

Máis en QPC, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Cantamos no mundo! Unha viaxe sonora pola Lusofonía

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, propoñémosvos unha viaxe da man das músicas de raíz lusófona. Seguindo os pasos de Ricardo Carvalho Calero, visitaremos lugares, xentes, culturas coas que temos ese vencello lingüístico.

O homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, conta cunha biografía apaixoante que acompañou os principais acontecementos do S.XX, vividos desde o Galeguismo político e cultural.

No ámbito literario destacou por ser un auténtico polígrafo, cultivando a poesía, o teatro, o ensaio, a narrativa (recomendámosvos a lectura de Scórpio, novela intrigante cun certo carácter autobiográfico, que en breve estará na nosa biblioteca)  O autor elaborou tamén a Historia da Literatura Galega, unha aportación central para establecer o noso canon literario. 
Xa no plano lingüístico, sen dúbida, destacou por plantexar unha aproximación ortográfica co portugués, dotando ao galego dun maior valor comunicativo a nivel internacional, integrándoo na Lusofonía. Esta proposta respecto da grafía da lingua é denominada Reintegracionismo.

Convidámosvos a entrar neste mapa sonoro que estivemos a elaborar co alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. A tod@s @s que participastes, foi un pracer traballar con vós e descubrir as artistadas que sodes quen de facer. Obrigadas!!

 

Departamentos de Música e de Xeografía e Historia. Biblioteca Escolar IES Plurilingüe Pedra da Aguia

#CarvalhoCalero2020 #LetrasGalegas2020 #CarvalhoCaleroCamariñas

Primeiro premio no Concurso EuropaDirect

Os embaixadores júnior deste curso seguen coa tradición de conseguir premios para o noso Centro. Neste caso, a actuación dos nosos embaixadores foi deslumbrante. Dos 30 traballos presentados no concurso de ideas sobre Europa, organizado por Europa Direct A Coruña para celebrar o Día de Europa 2020, 4 dos 6 que fixo o noso alumnado ocuparon os catro primeiros postos. Resultou gañador o vídeo "Unha viaxe virtual por Europa" de Laura Sar, Noa Tedín e Andrea Rial, as "Canicas". En segundo lugar quedou Alba González cunha interpretación ao piano do himno europeo. O podio completouno Ariadna Martínez cun debuxo sobre a xuventude europea. Parabéns!

Ler máis no Correo Gallego, Europe Direct

A Escola embaixadora a exame

O 11 de marzo visitou o noso centro Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en España. Horacio quería saber dos nosos proxectos como Escola embaixadora e coñecer aos novos embaixadores júnior, todos alumnos de 3ºA. Despois de facer un xogo trivial cos estudantes e de explicarlles máis polo miúdo o traballo na UE, Horacio posou con todos eles e, como non, ca nosa Caramiña.

Máis en La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Brillante actuación no Parlamento Xove

A principios do mes de marzo disputouse unha nova edición do programa Parlamento Xove, na que estudantes da ESO debaten entre si, a favor e en contra, sobre un tema proposto. Esta vez, se se debían incrementar as sancións a particulares e empresas por cometeren delitos medioambientais. Pois ben, Álvaro, Noa, Laura e Borja, alumnos de 3ºA, foron gañando confianza a medida que se sucedían os debates e defenderon brillantemente as súas popsturas. Non pasaron á fase final, pero a experiencia obtida xa lles fai pensar na proxima edición.

Máis en El Correo Gallego, Que pasa na costa e Diario de Camariñas.

Este Entroido 2020 celebramos a diversidade!

E chegou o Entroido! A festa onde todas as aparencias son posibles, os doces teñen forma de orellas, flores e filloas e a música e o humor o invaden todo. O noso instituto non queda á marxe desta celebración tradicional e o pasado venres 21 foi o día grande logo de tres semanas de preparativos. Pasalo ben e convivir ao longo dunha xornada atípica non era o único obxectivo. O propósito foi usar o Entroido como un pequeniño proxecto interdisciplinar impulsado dende as titorías do centro e coordinado dende a Biblioteca escolar.

O noso tema foi a macedonia... e non foi escollido de xeito casual. Quixemos usar esta ensalada de froitas como pretexto para falarmos da diversidade e da inclusión,

Distribuir contido


by Dr. Radut