Ariadna Martínez Pasión, alumna de 1º B, vén de ser seleccionada para integrar o grupo de 25 alumnos de toda Galicia que participarán o vindeiro curso nas actividades do programa ESTALMAT.
Este proxecto da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales pretende detectar, orientar e estimular o talento matemático excepcional de estudantes de 12-13 anos.
As actividades que desenvolverán os rapaces son un campamento matemático ó comezo do vindeiro curso e 20 sesións de formación matemática, non orientada a adiantar contidos do seu currículo, senón a desenvolver aspectos esenciais das matemáticas que habitualmente quedan fóra das programacións.
Parabéns Ariadna e que goces desta experiencia!