Skip to Content

2015-2016

Froitas frescas

 

Amorodos, cereixas, albaricoques, plátanos....

Pasade durante esta semana pola entrada do instituto a probar toda a variedade de froitas frescas que alí nos teñen preparadas. Bo proveito!

Letras Galegas 2016

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén,

¡Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

 

O Día das Letras Galegas deste ano está adicado a Manuel María, escritor prolífico, versátil, combativo e comprometido co país e a cultura.

No noso centro rendirémoslle homenaxe facendo un recitado dos seus poemas o vindeiro 18 de maio. Ata entón, podemos facer unha revisión da súa vida e extensa obra botando unha ollada á exposición situada na entrada do instituto. Ademais, a primavera trae froitos e comezaremos a ver aquí e acolá fermosas palabras, froitos da lingua na poesía de Manuel María.

E non esquezades ver quen leva premio no concurso literario organizado polo Concello de Camariñas con motivo das Letras Galegas. Mañá, día 11, falla o xurado!

Olimpíada Matemática Galega 2º ESO

O pasado xoves, 21 de abril, catro dos nosos alumnos de 2º ESO Juan Antelo, Arián Carril, Pablo Formoso e Iván Trillo participaron na XVIII Olimpíada Matemática Galega na zona de Santiago. Arián Carril Martínez, de 2º ESO A, superou a fase de zona e así quedou clasificado para a fase final.

Desde o centro felicitamos a estes alumnos por participar nunha actividade orientada á creatividade e á reflexión, e desexámoslle a Arián moita sorte na fase final galega que terá lugar en Lugo o xoves 19 de maio.

Parabéns Arián!!

Semana das froitas frescas

Froitas frescas!, froitas frescas!

Durante toda esta semana, podedes pasar pola entrada do instituto no segundo recreo e probar, unha vez máis, a variedade de froitas de tempada que alí ides atopar.

E que tempo vai facer?

  

O venres tivemos connosco a Mabel Montes, unha das xornalistas que cada día responde dende a TVG a esa pregunta que tantas veces nos anda na cabeza: "e que tempo vai facer?"

Mabel guiounos por algunhas das ferramentas informáticas que se adoitan empregar para facer a predición meteorolóxica, dándonos as claves para comprender de xeito básico os datos que estas ofrecen e aos que tamén nós podemos acceder.

 

Viaxe a Bruxelas do alumnado de 3º ESO

    

Dende o 1 ó 6 de abril de 2016, os nosos alumnos de 3º ESO acompañados polos profesores Jacobo Santos e José Carlos García estiveron en Bruxelas grazas á invitación do Eurodeputado galego Francisco Millán Món.

Entre outras actividades realizadas, os nosos estudantes aproveitaron a súa estancia para coñecer a historia da cidade belga e visitar lugares como a cidade de Brujas, Waterloo, o Museo Militar, o Atomium, Mini Europa, etc.

Tamén estiveron na sede do Parlamento Europeo, onde foron recibidos polo Eurodiputado Francisco Millán Món e no edificio do Parlamentarium, no cal fixeron un xogo de rol, simulando ser deputados.

Distribuir contido


by Dr. Radut