|
O venres tivemos connosco a Mabel Montes, unha das xornalistas que cada día responde dende a TVG a esa pregunta que tantas veces nos anda na cabeza: "e que tempo vai facer?" Mabel guiounos por algunhas das ferramentas informáticas que se adoitan empregar para facer a predición meteorolóxica, dándonos as claves para comprender de xeito básico os datos que estas ofrecen e aos que tamén nós podemos acceder. |