O pasado venres 25, os tres equipos que foron seleccionados no concurso ComunicaTedu, acompañados pola profesora que guiou a actividade, Silvia Lijó, desprazáronse á Cidade da Cultura de Compostela para participar no evento InquEDU 2018: Falemos de educación.
Durante a mañá, os dez equipos galegos preseleccionados tiveron que expoñer en público o seu discurso argumentativo co tema A alimentación como hábito de vida saudable e, tras presenciar as intervencións de todos centros, ao remate do evento coñeceron o fallo do xurado.
O equipo formado por Juan Pose, Laura Sar e Noa Tedín, que cursan en 1º de ESO a materia de Oratoria, conseguiu coa súa presentación "Eu non entro na cafetería" o 3º premio dotado con 600 euros.
Para o instituto é unha grande alegría que o esforzo realizado polos escolares se vexa recoñecido e recompensado neste tipo de iniciativas.