O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.
Como se movía a ponte colgante e canto nos picaron os fentos do castro!
Agradecemos a todos os que colaboraron con nós e nos permitiron gozar dun día tan fermoso.
O DÍA 12 DE MAIO INICIAMOS PARA OS ALUMNOS DE 3º ESO GRUPO A-B e PDC UN
OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E ADOLESCENCIA
QUE REALIZARASE EN HORAS DE TITORIA( 4 SESIÓNS POR GRUPO) IMPARTIDA POR JAVIER CASTRO , Educador social que colabora con ACROFAM( ASOCIACIÓN PARA EL CRECIMIENTO Y ORIENTACIÓN FAMILIAR). OS TEMAS QUE ABORDARAN NO OBRADOIRO SON:
SEXUALIDADE E SENTIMENTOS. OTRA FORMA DE SER DIFERENTES.
O pasado martes, 7 de abril, o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade deseñada polo Museo Provincial de Lugo a partir da lectura dun libro de relatos de medo: Contos no Museo.
O pasado venres, día 27 de marzo, o alumnado de 1º ESO celebrou unha actividade a partir do libro de lectura, Escarlatina, a cociñeira defunta, na que se elaboraron receitas de cociña inspiradas no libro. A partir de aquí, o IES Nº 1 realizou un concurso entre os participantes no que se concederon tres premios.
O pasado día 4 visitounos Ledicia Costas autora da obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, obra de lectura para o alumnado de 1º da ESO. Neste encontro os rapaces e rapazas foron descubrindo certos enigmas que non quedaran ao descuberto coa lectura. Así mesmo asinoulle no libro como mostra da súa presenza.
Varios rapaces do instituto, dentro do programa XUVENTUDE PROMETE, desprazáronse ata lugo 3 para realizar distintos obradoiros de Iniciativas Emprededoras
No acto organizado polo Concello da Estrada no MOME para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro participamos recitando por diversos membros da comunidade educativa un texto de David Otero que gaba a figura da autora.
Baixo o lema 24F de R o alumnado leu e interpretou diversos poemas da autora.
Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje (KA1) Erasmus +
Título del Proyecto: Plan de Dinamización Lingüística "Lingua, linguae".
Período de realización: 2014-2016.
El IES Nº1 de A Estrada ha recibido una subvención para realizar un proyecto de lenguas extranjeras en el marco del Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.