Estradenses nas Ondas

ESTRADENSES NAS ONDAS: COLABORACIÓN CON RADIO ESTRADA

O sábado 23 de novembro fomos a Radio Estrada, para dar a coñecer este novo proxecto que emprendemos desde o noso club de lectura, Carballeira.n1. O seu nome é “Estradenses nas ondas”, e desenvolverase os sábados, cada quince días, no programa das mañás que dirixe Isabel Durán.

O seu propósito é seguir a estela de Olimpio Arca, e dar a coñecer entre os oíntes a historia que agochan os nomes das rúas da Estrada.

Para tratar de acotar un pouco o noso traballo, decidimos comezar polos nomes de mulleres: Rosalía de Castro, Avelina Valladares (que comparte protagonismo co seu irmán, na rúa Irmáns Valladares) e Virxinia pereiras, a muller de Castelao.

E así, este sábado, día 7 de decembro, iremos á Radio para explicar onde se atopa a rúa Rosalía de Castro, desde cando existe urbanizada, e ofrecer outros detalles técnicos da rúa. A seguir, catro rapazas do club de lectura (Irene, Ilary, Natalia e Kenia) entrevistarán en directo a Anxo Angueira, o Presidente da Fundación Castelao.

Aí vos queda a gravación do primeiro programa!!

Seguiremos informando!

 

estradenses nas ondas 1

estradenses nas ondas 2

 

 

FACENDO CLIK NA SEGUINTE FOTOGRAFÍA PODERÁS ESCOITAR O POD-CAST COA NOSA INTERVENCIÓN

 

estradenses nas ondas RADIO