Videoconect@s

ACTIVIDADE CONXUNTA  DE DINAMIZAESTRADA, O EQUIPO DE COORDINADORAS E COORDINADORES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DA ESTRADA

 

Por primeira vez neste curso, Dinamizaestrada organiza esta actividade que pretende comunicar os distintos centros de ensino da Estrada a través das novas tecnoloxías empregando como lingua de comunicación o galego.

A actividade consistiu nunha videoconferenza que se impartiu desde o  noso centro e se difundiu para o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos Colexios de Oca e de Vea.

A videoconferenza versou sobre a arte románica nas igrexas do concello da Estrada e foi impartida por catro alumnas de 3º de ESO: María Brey, Uxía Mirás, que se dirixiron ao alumnado do colexio de Oca; e Begoña Salgueiro e María Iglesias, que o fixeron para o colexio de Vea.

A través de SKYPE, as alumnas puxéronse en contacto con estes colexios e expuxeron as características peculiares do románico na zona da Estrada aportando material gráfico. Unha vez rematada a conferenza, as alumnas resolveron as dúbidas que se suscitaron por parte do alumnado dos respectivos colexios  e propuxéronlle a este unhas actividades para resolver en material fotocopiable.

 

17-18 videoconectadas  (4)