Folga no sector do transporte de viaxeiros

Estimadas familias:

Informamos da convocatoria dunha folga do transporte para os días 20 e 21 de xuño. Esta folga afecta ao transporte escolar.

O transporte escolar soe estar incluido dentro dos servizos mínimos. Sen embargo, non está garantido que se manteña o servizo para eses días (presenza de piquetes, conductores que non asumen estes servizos mínimos, etc.).

Polo tanto, e tendo en conta que gran parte do alumnado está inmerso na fase de avaliación final e debe presentarse a probas e exames que condicionarán as súas notas, solicitamos a súa colaboración para garantir que os seus fillos e fillas poidan presentarse a ditas probas.

 Asemade, solicitamos tamén a súa colaboración para poder celebrar a IV Edición da Revista Viva que se desenvolverá o martes 20 de xuño no Teatro Principal a partir das 16:30.