A comunicación entre profesores-alumnos-pais no noso Centro ten un novo medio para o intercambio de contidos e información: a rede social educativa EDMODO
Edmodo é unha aplicación cuxo obxectivo principal é permitir a comunicación entre profesores e alumnos. Trátase dun servizo de redes sociais baseado no microblogging creado para o seu uso específico en educación que proporciona ao docente dun espazo virtual privado no que se poden compartir mensaxes, arquivos e enlaces, un calendario de aula, así como propor tarefas e actividades e xestionalas.
Esta rede social é propiedade de Revolution Learning. O proxecto atópase dispoñible en Inglés, Portugués e Español, estando accesible desde a web www.edmodo.com. Esta dispoñible para toda a comunidade educativa de xeito gratuíto e de momento, non se coñecen intencións de convertelo nun produto de pago.
Na actualidade, Edmodo permítenos:
- Crear grupos privados con acceso limitado a docentes, alumnos e pais.
- Dispor dun espazo de comunicación entre os diferentes roles mediante mensaxes e alertas.
- Compartir diversos recursos multimedia: arquivos, enlaces, vídeos, etc.
- Incorporar mediante sindicación RSS os contidos dos nosos blogs.
- Lanzar enquisas aos alumnos.
- Asignar tarefas aos alumnos e xestionar as cualificacións das mesmas.
- Xestionar un calendario de clase.
- Crear comunidades onde agrupar a todos os docentes e alumnos do noso centro educativo
- Dar acceso aos pais aos grupos nos que estean asignados os seus fillos, permitindo estar informados da actividade dos seus fillos e ter a posibilidade de comunicación cos profesores.
- Xestionar os arquivos e recursos compartidos a través da biblioteca.
- Crear subgrupos para facilitar a xestión de grupos de traballo.
- Dispor dun espazo público onde mostrar aquela actividade do grupo que o profesor estime oportuna.
- Previsualización de documentos da biblioteca.
- Acceso a través de dispositivos móbiles (iPhone, Android)
<a href="http://www.quantcast.com/p-3bPuajdKZphUs" target="_blank"><img src="http://pixel.quantserve.com/pixel/p-3bPuajdKZphUs.gif" style="display: none;" alt="Quantcast"></a>