Co inicio do curso, retoman a súa actividade os nosos Clubs de Lectura, que están a ter unha grande acollida por parte do alumnado dos diferentes cursos. E con esa mesma intención, a de facer comunidade arredor dos libros e da lectura, bota a andar neste outono un "Club de lectura para persoas adultas".
En que consiste?
En ler un libro e compartir esa lectura en grupo nunha reunión na que se intercambian impresións e valoracións dende as nosas experiencias e inquietudes. Non fai falla ser un experto lector, mais si ter vontade de ler e facer do libro un punto de partida que pode acoller o encontro cos autores e as autoras, o visionado dunha película, unha saída, etc.
Quen pode participar?
As familias, o profesorado, o persoal non docente, os ex-alumnos e alumnas e, en xeral, a veciñanza.
Como se fai a inscrición?
Enviando un correo cos nosos datos a ies.avelina.valladares@edu.xunta.gal ou a dalleqdalle@edu.xunta.gal (coordinador: Aleixo).
Cando terá lugar a primeira reunión?
O Club de Lectura reunirase de forma periódica pero flexible ao longo do curso. A 1ª sesión terá lugar o martes 10 de decembro entre as 15:30 e as 16:30 na Biblioteca.
Cal é o primeiro título?
Nesta primeira xuntanza compartiremos Coa man esquerda, de Xabier Quiroga, un autor cunha dilatada traxectoria que foi merecedor de diferentes recoñecementos e premios por novelas como Izan o da saca ou O Cabo do Mundo.
Haberá exemplares de préstamo na Biblioteca do IES para as persoas interesadas.
Na reunión de decembro escollerase a seguinte obra de lectura e a data do seguinte encontro.