Escola de dramaturxía

O Taller de Teatro impartido por Chema Gómez de Lora durante dúas sesións para cada curso nos pasados 25 e 27 de outubro foi dando os seus froitos. O Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá procederon á entrega de premios para os mellores traballos, que en breve estarán dispoñibles nesta páxina.

A proposta para 1º ESO xiraba en torno á cuestión “¿Quiénes lloran en casa? ¿Por qué?” e a gañadora foi Paula Brey. O segundo premio recaeu en Alessandra Illobre. Para 2º ESO a proposta creativa partía da proposta “¿Quién canta mejor en casa?” e resultou gañadora Antía Nogueira. Fíxose co segundo premio Julia Canicoba.


En 3º e 4º da ESO o alumnado traballou a partir da idea “Querida sombra”, unha proposta de escritura na que resultaron gañadoras Noa Cabaleiro e Xiana Cacho nos seus respectivos cursos. Os segundos premios foron para David Mosquera e Sara Espiño, respectivamente. Parabéns, pois, a todo o alumnado do centro, que participou activamente nesta actividade.

O profesor e dramaturgo Chegam Gómez de Lora fará unha lectura dramatizada con fragmentos tanto dos textos premiados como doutros textos non galardoados merecentes de tal recoñecemento por parte do relator.