Esta semana o alumnado de todos os cursos do centro asistiu a un “Taller de teatro” organizado polo Departamento de Lingua Castelá e pola Biblioteca a cargo do profesor de Secundaria e autor de textos dramáticos Chema Gómez de Lora.
Guiados polo mestre, os rapaces e as rapazas coñeceron diferentes aspectos do texto dramático e practicaron a elaboración de textos teatrais así como as súas posibilidades representativas.
Moitas grazas polo traballo desenvolvido co noso alumnado, Chema! Até a próxima!