Admisión de alumnado para o Curso 2023-2024

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de praza nos centros educativos

Poderá solicitar praza no IES Nº 1 o alumnado procedente de calquera centro educativo, excepto o procedente dos centros adscritos (xa teñen asegurada a praza).

Prazo de presentación

Do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Documentos que deberán presentar:

  • A solicitude cuberta e asinada, dispoñible no centro educativo e nas seguintes ligazóns:   
  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a
  • Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia
  • Sé é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio.

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos o 25 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos o 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

 Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN A BACHARELATO

Aberto tamén o prazo para a solicitude de admisión no bacharelato. Información a ter en conta:

  • Ata 6 centros, por orde de preferencia.
  • Preséntase no centro de 1ª opción.
  • Renunciar expresamente se non interesa a 1ª opción.
  • Procedemento ED550B (formulario)
  • Preferentemente vía electrónica https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
  • Opcionalmente cubrir, imprimir e presentar no centro indicado en 1º lugar.

PRAZO : do 1 ao 20 de marzo (baremo: 10 días hábiles despois).

  • Listaxe provisional: 25 de ABRIL (reclamación 5 días hábiles)
  • Listaxe definitiva: 15 de MAIO

 MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

*Máis información na Aula Virtual: Departamento de Orientación.