Subnormal foi a primeira lectura que reuniu o primeiro dos grupos do alumnado de 1º e 2º ESO. A novela gráfica de Fernando Llor e Miguel Porto relata a historia real de bullying que sufriu o ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta durante a súa escolarización. A súa altura e forza física non serviron de nada ante a manda dos acosadores, que o levaron ao bordo da morte, como el mesmo conta neste impactante vídeo.
En dúas sesións consecutivas (13 e 20 de decembro), os mozos e mozas do club, coordinados pola nosa orientadora, Lurdes, e coa colaboración de Román, puxeron en común a lectura, analizaron a historia poñéndoa en relación coa escaleira do acoso escolar e fixeron un mural no que plasmaron todas aquelas accións que nos axudan a rachar coa lei do silencio.
O próximo martes 7 de febreiro reunirase o outro club de alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO para partillar esta mesma lectura. Unha semana despois, o 14 de febreiro, reunirase o club de lectura de 3º e 4º ESO arredor de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila na versión en banda deseñada de Pablo Padro.