En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.
Que ocupacións desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.
Cales son os módulos deste ciclo? (Pendente de modificación)
Módulos | Horas |
Ciencias aplicadas I (1º) |
175 |
Comunicación e sociedade I (1º) | 206 |
Equipamentos eléctricos e electrónicos (1º) | 233 |
Instalacións eléctricas e domóticas (1º) | 296 |
Ciencias aplicadas II (2º) |
162 |
Comunicación e sociedade II (2º) | 135 |
Formación en centros de traballo (2º) | 320 |
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos (2º) | 206 |
Instalacións de telecomunicacións (2º) | 205 |
Que título se obtén?
Título profesional básico en Electricidade e Electrónica.