Skip to Content

Oferta formativa - Electricidade e Electrónica

 

Familia Electricidade e Electrónica

CICLO BÁSICO EN ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
 
Grao: Básico
Réxime: Dual xeral (Ordinario)
Horario: Mañá
Horas: 2.000
Código: BELE01
Documentación: RD DOG DOC (Pendente de modificación)
 
Que se aprende a facer? 
Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa? 

Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

Que ocupacións desempeñan? 

Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

Cales son os módulos deste ciclo? (Pendente de modificación)

Módulos Horas
Ciencias aplicadas I (1º)
175
Comunicación e sociedade I (1º) 206
Equipamentos eléctricos e electrónicos (1º) 233
Instalacións eléctricas e domóticas (1º) 296
Ciencias aplicadas II (2º)
162
Comunicación e sociedade II (2º) 135
Formación en centros de traballo (2º) 320
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos (2º) 206
Instalacións de telecomunicacións (2º) 205

Que título se obtén? 

Título profesional básico en Electricidade e Electrónica.

CICLO MEDIO EN INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS
 
Grao: Medio
Réxime: Dual xeral (Ordinario)
Horario: Mañá
Horas: 2.000
Código: MELE02
Documentación: RD DOG DOC (Pendente de modificación)
 

Que se aprende a facer? 

Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcio-nalidade e o respecto ambiental.

Onde se realiza o traballo? 

En microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomu-nicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instala-cións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

En que postos de traballo? 

Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas, instalador/ora de antenas, instalador/ora de sistemas de seguridade, técnico/a en redes locais e telemática, técnico/a en instalación e mantemento de redes locais, instalador/ora de telefonía, instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos, técnico/a en instalacións de son, instalador/ora de megafonía, instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos, técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos, e técnico/a en montaxe e man-temento de sistemas de radiodifusión.

Cales son os módulos deste ciclo? (Pendente de modificación)

Módulos Horas
Electrónica aplicada (1º) 266
Equipamentos microinformáticos (1º) 133
Formación e orientación laboral (1º) 107
Instalacións de megafonía e sonorización (1º) 160
Instalacións de radiocomunicacións (1º) 107
Instalacións eléctricas básicas (1º) 187
Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica (2º)
157
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (2º) 123
Empresa e iniciativa emprendedora (2º) 53
Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía (2º) 174
Instalacións domóticas (2º) 123
Formación en centros de traballo (2º) 410

Que título se obtén? 

Técnico en Instalacións de Telecomunicacións.

 

 

CICLO MEDIO EN INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

 

Grao: Medio

Réxime: Dual xeral (Ordinario)

Horario: Mañá

Horas: 2.000

Código: MELE01

Documentación: RD DOG DOC (Pendente de modificación)

 

Que se aprende a facer? 

Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.

Onde se realiza o traballo? 

En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

En que postos de traballo? 

Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.

Cales son os módulos deste ciclo? (Pendente de modificación)

Módulos Horas
Automatismos industriais (1º)
213
Electrónica (1º) 107
Electrotecnia (1º) 213
Instalacións eléctricas interiores (1º) 320
Formación e orientación laboral (1º) 107
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (2º)
123
Instalacións de distribución (2º) 155
Instalacións domóticas (2º) 123
Instalacións solares fotovoltaicas (2º) 53
Máquinas eléctricas (2º) 123
Empresa e iniciativa emprendedora (2º) 53
Formación en centros de traballo (2º) 410

 

Que título se obtén?

Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas.

CICLO SUPERIOR EN SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS
 
Grao: Superior
Réxime: Dual xeral (Ordinario)
Horario: Mañá
Horas: 2.000
Código: SELE02
Documentación:    (Pendente de modificación)
 

Que se aprende a facer?

Desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, como persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e o mantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?

Axudante de proxectista, supervisor/ora da montaxe en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios; técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións, en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual, en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión, en sistemas de seguridade electrónica e circuítos pechados de televisión, en redes locais e sistemas telemáticos, en sistemas de radioenlaces; especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos e de sistemas de telecomunicación; xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións.

Cales son os módulos? (Pendente de modificación)

Módulos

Horas

Configuración de infraestruturas de sistemas de telecomunicacións (1º)

107

Elementos de sistemas de telecomunicacións (1º)

240

Formación e orientación laboral (1º)

107

Sistemas de telefonía fixa e móbil (1º)

133

Sistemas informáticos e redes locais (1º)

213

Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións (1º)

160

Empresa e iniciativa emprendedora (2º)

53

Redes telemáticas (2º)

105

Sistemas de produción audiovisual (2º)

174

Sistemas de radiocomunicacións (2º)

105

Sistemas integrados e fogar dixital (2º)

123

Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións (2º)

70

Proxecto de sistemas de telecomunicacións e informáticos (2º)

26

Formación en centros de traballo (2º)

384

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

 

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE SISTEMAS CONECTADOS A INTERNET (IoT)
 
Curso de especialización
Réxime: Dual intensiva
Horario: Mañá
Horas: 441
 

Que se aprende a facer? 

Instalación, posta en servizo e mantemento de dispositivos e sistemas conectados a internet, IoT, asegurando a súa funcionalidade e conectividade, aplicando a normativa e a regulamentación, e os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital, riscos laborais e respecto ambiental.

Onde se realiza o traballo? 

En empresas, públicas e privadas, dedicadas á instalación, á configuración, á posta en servizo e ao mantemento de todo tipo de dispositivos, desde sensores e actuadores a obxectos comúns e sistemas conectados.

En que postos de traballo? 

Técnico/a en redes. Instalador/a de equipamentos e sistemas electrónicos. Instalador/a e reparador/a de sistemas e dispositivos conectados. Instalador/a e reparador/a en tecnoloxías da información e da comunicación. Instalador/a e reparador/a de dispositivos IoT. Mantedor/a de sistemas conectados. Técnico/a en IoT.

Empresas colaboradoras e prazas ofertadas 

Empresa

Localidade

Prazas

Electricidade Rafael

Carballo

2

Inelca

Carballo

3

Sector Vending

Carballo

2

Aper

Carballo

3

Detegit

Carballo

3

Glaucor

Ponteceso

1

Instalacións Conecta

Arteixo

2

Energal

Carballo

2

Agrotec Entrecanles

Outeiro de Rei

2

IDM Pereira

Carballo

2

 

Cales son os módulos deste ciclo? 

Módulos Horas
Mantemento de dispositivos e sistemas conectados, IoT 162
Instalación de dispositivos e sistemas conectados, IoT 198
Robótica Colaborativa 81

  



panel | by Dr. Radut