Skip to Content

Educación secundaria obrigatoria

Educación secundaria obrigatoria

 

 

Educación Secundaria Obrigatoria

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria para todos os alumnos en idade escolar. Esténdese ao longo de catro anos e proporciona a formación necesaria para proseguir os estudos cara ao Bacharelato ou a Formación Profesional de Grao Medio. Tamén facilita a incorporación ao mercado laboral.

Estrutúrase en catro cursos divididos en dous ciclos, un primeiro ciclo de tres cursos, e un segundo ciclo dun curso. O alumnado comeza esta etapa aos doce anos e finalíza aos dezaseis.

Ao finalizar estes estudos obtense a titulación de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria. Esta titulación permite:

  • Acceder ao mercado laboral.
  • Acceder aos estudos postobligatorios.

A etapa de Educación  Secundaria Obrigatoria  organízase  en materias e comprende dous ciclos:  o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun.

As materias organízanse en bloques de materias:

Troncais,  cuxos contidos comúns,  estándares  de aprendizaxe avaliables  e  horario  lectivo mínimo, establécense  por  o Goberno  con carácter  xeral   para   todo o alumnado,  que debe  cursalas obrigatoriamente.

Á súa vez, poden ser:

  • Materias xerais: comúns para todo o alumnado
  • Materias  de opción:  en 3º  e  4º hai  algunhas  materias  troncais  de entre  as  que os estudantes deben elixir.

Específicas, cuxos estándares de aprendizaxe avaliable son establecidos polo goberno, correspondendo  as Administracións  educativas  determinar  os seus contidos e  podendo estas complementar  os  criterios de avaliación , se o estiman necesario.

Á súa vez,poden ser:

  • Obrigatorias para o alumnado: as materias Educación Física e Relixión ou Valores Éticos ,han de ser cursadas por todos os alumnos e alumnas, todos os cursos.
  • De opción:  o alumnado poderá elixir entre 1 e 4 materias, en función da programación e regulación que estableza cada Administración e centro docente.

De libre configuración autonómica, cuxo deseño curricular é competencia das distintas Administracións educativas. Entre elas incluirase a materia Lingua Cooficial e Literatura, cando cumpra.

Padres, nais ou titores legais, ou no seu caso o alumnado, poderán escoller  cursar o   cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria por  unha das dúas opcións seguintes:

  • Opción de ensinos académicos para o  alumnado  que queira continuar estudos de bacharelato.
  • Opción  de ensinos  aplicados para o alumnado  que  queira continuar  estudos  de  Formación Profesional.

 

 

 


panel | by Dr. Radut