Skip to Content

Bacharelato

Bacharelato

 

 Organización xeral do Bacharelato

Poderán acceder aos estudos de bacharelato os alumnos e as alumnas que estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e teñan superada a avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.

O bacharelato abrangue dous cursos, desenvolverase en modalidades diferentes e organizarase de modo flexible, coa finalidade de que poida ofrecer unha preparación especializada ao alumnado acorde coas súas perspectivas e os seus intereses de formación ou permita a incorporación á vida activa logo de finalizado este. Os alumnos e as alumnas poderán permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro anos.

As ensinanzas estrutúranse en

  • Materias troncais: estas materias dan unha formación xeral ao alumnado. Algunhas delas son obrigatorias e algunhas varían en función da modalidade de bacharelato.
  • Materias específicas: son materias para poder profundizar na modalidade de bacharelato escollida. Os centros poden fixar a súa oferta.
  • Materias de libre configuración: neste tipo de materias inclúense as linguas cooficiais (nas comunidades autónomas que as haxa) que pode ter un carácter obrigatorio. Ademais, inclúense tamén materias específicas, materias de ampliación de contidos ou outras materias para determinar polas administracións educativas materias que, á súa vez, se organizan en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.

As modalidades do bacharelato que, de ser o caso, poderán ofrecer os centros docentes serán as seguintes:

  • Ciencias.
  • Humanidades e ciencias sociais.
  • Artes.

Dentro da modalidade de Humanidades e ciencias sociais, o alumnado poderá optar polo itinerario de Humanidades ou polo itinerario de Ciencias sociais.

No noso centro ofértanse o bacharelato de Ciencias e o de Humanidades e Ciencias Sociais cos seus dous itinerarios (Humanidades e Ciencias sociais)

 A estrutura das materias é a seguinte:

 



panel | by Dr. Radut