Skip to Content

Novas

Matrícula - Curso 2024/2025

  

IMPORTANTE: O centro permanecerá pechado os días 24 e 25 de xuño por ser festivo local. 

  


FORMACIÓN PROFESIONAL (AGÁS 1º CURSO)

Pasar de 1º a 2º curso ou repetir 2º por primeira vez no mesmo centro e ciclo

O prazo de presentación da matrícula será do xoves 27 de xuño ás 09:00 horas até o xoves 4 de xullo ás 13:00 horas. Solicítase que se respecten as seguintes datas preferentes de matrícula.

Admisión FP - Curso 2024/2025

IMPORTANTE: O centro permanecerá pechado os días 24 e 25 de xuño por ser festivo local.
 

Oferta formativa do IES Monte Neme

  • Ciclo medio: Instalacións de Telecomunicacións, Instalacións Eléctricas e Automáticas, Mecanizado, Soldadura e Caldeiraría (horario de tarde) e Xestión Administrativa.

  • Ciclo superior: Administración e Finanzas, Mecatrónica Industrial e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

  • Curso de especialización: Instalación e Mantemento de Sistemas Conectados a Internet (IoT).

  • Oferta parcial: Mantemento Electromecánico (horario de tarde). 

MEGABAU 2024

O pasado venres, celebrouse na Coruña unha nova edición dos Premios MEGABAU. Neste evento, homenaxeouse ao estudantado con mellores expedientes na ABAU e os seus respectivos centros educativos.

Ao mesmo, acudiu a alumna Andrea Figueira Quintáns polo seu desempeño no Bacharelato e na proba para o acceso á universidade, acompañada do xefe de estudos Xavier Cuns.

Moitos parabéns, Andrea, por ese excelente expediente e sorte no teu futuro universitario e laboral!

Fin de curso 2023/2024

Última xornada chea de actividades no noso centro!

  • Inauguramos o novo recuncho lector, elaborado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO.
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO competiu nunha nova edición do concurso "Cifras e Letras", organizado polo Club de Ciencia e Dinamización Lingüística.
  • Agradecemos a presenza de David Puñal, co cal puidemos coñecer máis o son dos nosos instrumentos tradicionais.

Desexarvos a todas e todos un bo verán! Para o ano, máis e mellor!

 

Convocatoria de axudas para material escolar para alumnado da ESO (Curso 2024/2025)

Informamos que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para alumando da ESO para o vindeiro curso 2024/25, con data límite de solicitude do venres 21 de xuño

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de GaliciaOpcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Portas abertas - Formación Profesional

O centro abre as súas portas o vindeiro mércores 12 (10:00 a 13:00 e 16:30 a 19:00) e xoves 13 (10:00 a 13:00) para dar a coñecer a súa oferta en Formación Profesional.

O vindeiro curso estará formada polas seguintes titulacións:

Distribuir contido


by Dr. Radut