Educación Secundaria Obrigatoria
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria para todos os alumnos en idade escolar. Esténdese ao longo de catro anos e proporciona a formación necesaria para proseguir os estudos cara ao Bacharelato ou a Formación Profesional de Grao Medio. Tamén facilita a incorporación ao mercado laboral.
Estrutúrase en catro cursos divididos en dous ciclos, un primeiro ciclo de tres cursos, e un segundo ciclo dun curso. O alumnado comeza esta etapa aos doce anos e finalíza aos dezaseis.
Ao finalizar estes estudos obtense a titulación de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria. Esta titulación permite:
- Acceder ao mercado laboral.
- Acceder aos estudos postobligatorios.
A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria organízase en materias e comprende dous ciclos: o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun.
As materias organízanse en bloques de materias:
Troncais, cuxos contidos comúns, estándares de aprendizaxe avaliables e horario lectivo mínimo, establécense por o Goberno con carácter xeral para todo o alumnado, que debe cursalas obrigatoriamente.
Á súa vez, poden ser:
- Materias xerais: comúns para todo o alumnado
- Materias de opción: en 3º e 4º hai algunhas materias troncais de entre as que os estudantes deben elixir.
Específicas, cuxos estándares de aprendizaxe avaliable son establecidos polo goberno, correspondendo as Administracións educativas determinar os seus contidos e podendo estas complementar os criterios de avaliación , se o estiman necesario.
Á súa vez,poden ser:
- Obrigatorias para o alumnado: as materias Educación Física e Relixión ou Valores Éticos ,han de ser cursadas por todos os alumnos e alumnas, todos os cursos.
- De opción: o alumnado poderá elixir entre 1 e 4 materias, en función da programación e regulación que estableza cada Administración e centro docente.
De libre configuración autonómica, cuxo deseño curricular é competencia das distintas Administracións educativas. Entre elas incluirase a materia Lingua Cooficial e Literatura, cando cumpra.
Padres, nais ou titores legais, ou no seu caso o alumnado, poderán escoller cursar o cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria por unha das dúas opcións seguintes:
- Opción de ensinos académicos para o alumnado que queira continuar estudos de bacharelato.
- Opción de ensinos aplicados para o alumnado que queira continuar estudos de Formación Profesional.