Remata o EPD_Lab de AGARESO

O 6 de xuño o alumnado de 2º ESO D participou na última sesión deste curso do "Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento"

IV Olimpíada da Convivencia

Presentación dos vídeos realizados no obradoiro "Youtubers polo cambio social"

Ao longo do mes de novembro o alumnado de 2º ESO E e 3º ESO E participou no obradoiro "Youtubers polo cambio social".

Concurso de chistes matemáticos

Paula Martínez e Catalina Varela, de 1º ESO D, son as gañadoras do concurso de chistes matemáticos organizado polo departamento de Matemáticas en colaboración co EDLG entre o alumnado de 1º ESO. Parabéns!

Concurso "Xoves talentos"

Parabéns a Laura Pizarro Lema, de 2º ESO B, finalista provincial do premio de redacción de relato breve  "Xoves talentos".

Saída ao Grove: remo en canoa

O martes 28 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato gozou do sol e das praias do Grove nunha xornada de iniciación ao remo en canoa

Rematan os "Anaquiños matemáticos" deste curso

Ao longo deste curso, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da USC, en colaboración co programa Conecta-Aleida, realizou  no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos 

Actuación de "Aldaolado"

O martes 21 recibimos no centro as poetas Lucía Aldao e María Lado, compoñentes do dúo "Aldaolado". Ofreceron un recital cheo de humor e música ao alumnado de 3º de ESO.

Despedida do alumnado de 2º de bacharelato

O 16 de maio tivo lugar a despedida do alumnado de 2º de bacharelato, nun acto especialmente emotivo.

Roteiro polo Grove

O 14 de maio o alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de sendeirismo polo Grove organizada polo departamento de Ed. Física.

Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019

A figura de Antón Fraguas foi homenaxeada no noso centro mediante os traballos realizados polo alumnado do EDLG e coa representación de Quen ten un mestre etnógrafo?

Final do Club de debate 2019

O IES do Milladoiro participou na final do certame de clubs de debate celebrada en Pontevedra o sábado 11 de maio.

Xornada sobre "Prevención de condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia"

O vindeiro 15 de maio o Concello de Ames e a Universidade de Santiago organizan unha xornada sobre "Prevención das condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia".

Obradoiros da ANPAMilla

A ANPAMilla, en colaboración co centro, organiza uns obradoiros para o alumnado de 4º ESO e Bacharelato. O alumnado interesado debe anotarse ata o xoves 16 de maio en Vicedirección.

Diario do Milladoiro

A EEI do Milladoiro vén de publicar o seu Diario do Milladoiro, ben xeitoso, no que recolle a actividade de contacontos realizada no seu centro polo noso alumnado de 1º ESO C o pasado 14 de marzo.

Entrega de premios da VI Xornada Gastronómica Francesa

O luns 13 de maio tivo lugar na Biblioteca do centro a entrega de premios aos gañadores da VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Obradoiro: "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" para 1º ESO

A partir do 21 de maio a psicóloga Belén Montesa impartirá este obradoiro nas horas de titoría de cada grupo de 1º ESO.

Participación na final do Club de Debate

Un equipo do noso centro participa este sábado día 11 na final galega do Club de Debate. Ver.

Saída ao teatro: 'Os fillos do sol'

O alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o venres 10 de maio ao Salón Teatro de Santiago para asistir a unha representación d'Os fillos do sol.

Encontro co profesor Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016

O pasado martes 9 de maio, catro alumnos do IES do Milladoiro, acompañados pola súa profesora de Química, tiveron o pracer de asistir a un encontro co Premio Nobel de Química 2016, Ben Feringa.

Correlingua 2019

O alumnado de 1º ESO participou o 6 de maio na XXIX edición do Correlingua en Compostela. Baixo o lema "O galego é a fórmula" esta edición reuniu a máis de 1700 alumnos e alumnas de vinte centros educativos.

Programa de inmersión lingüística en inglés en colonias de verán para 1º e 2º ESO (MEC)

Do 27 de abril ao 22 de maio de 2019 poden solicitarse as bolsas para participar nestes campamentos. Máis información: AQUÍ . BOE: AQUÍ

Visita a Ventín

O venres 12 de abril,  xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado dos  clubs de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO visitou o seu antigo colexio.

Nova reunión das Bibliotecas da contorna de Ames

O pasado martes 30 de abril tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas da contorna para intercambiar experiencias e proxectos, como a elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de verán 2019 e o III boletín da contorna, que recolle algunha das actividades salientables nas bibliotecas ao longo deste curso.

Olimpíada da Convivencia: podio de abril

VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo

O departamento de Francés do IES do Milladoiro celebrou o 30 de abril  a VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Micropoemas realizados polo alumnado de ESO

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) o departamento de lingua castelá traballou co alumnado de 3º ESO o micropoema.

Nin + nin -

O IES do Milladoiro foi un dos centros seleccionados pola Secretaría  Xeral de Igualdade para desenvolver a súa campaña "Nin + nin -", destinada a dar a coñecer a mulleres senlleiras e presentalas como un referente para o alumnado.

Visita de Carmen Pomar, Conselleira de Educación

O mércores 24 de abril a conselleira acudiu ao noso centro para interesarse polo funcionamento da biblioteca e dos clubs de lectura, que gabou moito. Participou nos actos organizados con motivo da semana do libro e agasallounos cun lote de libros xuvenís para a biblioteca.

Parabéns ao grupo participante na saída de fin de etapa (4º ESO)

O profesorado acompañante na saída a Barcelona comunica que o grupo mantivo un comportamento excelente, polo que queremos felicitalo publicamente. Tamén desexamos agradecerlles aos profesores Javier e Rebeca a súa implicación e dedicación.

Distribuir contido