IMPRESOS E CALENDARIO DE MATRÍCULACIÓN CURSO 2024/2025 LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025 FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR Publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros e de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
|
||||||
O pasado 21 de xuño entregáronse os premios do I Certame artístico Cousas que organizou o IES Félix Muriel de Rianxo e alí acudiu a alumna do noso centro, Zoe Fernández Piñeiro, para recoller o seu galardón. Un mes antes, cando se fallaron os premios, xa anunciamos aquí a nova. Deixámosvos agora a obra artística de Zoe que, ao igual que as Cousas de Castelao, ten debuxo e mais texto.
Reproducimos o texto para que se poida ler ben:
Aínda recordo aqueles paseos por aquel camiño que me levaba Observábanse montañas, e montañas, aquilo, non parecía ter Zoe Fernández Piñeiro (1º ESO) |
|||
A obra de Celia Díaz Núñez, gañadora do premio de teatro O facho no ano 2019, Unha estrela para Amina, foi radiada por Paula Ramos e Sara Sendón, coa colaboración de Irene Alenda e Mateo Campos lendo as acotacións. Na parte técnica colaboraron Yago Bouzas, Mateo Campos, Gael Rodríguez e a propia Paula Ramos que fixo os arranxos.
|
|||
Alicia, Nerea e Zoe déixannos algunhas das súas receitas para que poidamos practicar a cociñar no verán: Mesmo nos ensinan a preparar pan, tamén ao xeito tradicional: Pero como boas adolescentes, a pizza é algo que preparan moi ben:
E rematan con dúas sobremesas ben boas:
|
|||
Paula Lourido e Sara Martínez póñenlle voz aos dous protagonistas desta obra de Manuel Núñez Singala. Con Érik Cadavid na parte técnica e a colaboración de Alba García para efectos de son. Xa se publicara o acto 1 e agora podedes completar a obra escoitando os dous actos que faltaban. Planificación estratéxica é unha obra de teatro de M. Núñez Singala publicada en 2008 na editorial Laiovento. Nela un axente de policía investiga un asasinato no que a única testemuña é un empregado do finado.
|
|||
Deixámosvos os últimos vídeos que fixeron alumnas do EDLG de 1º ESO dentro do proxecto Ao son da paixase. Explican moi clariño dúas plantas que temos no noso patio e seguro que houbo moita xente que non reparou nelas:
|
|||
Na primeira semana deste mes chegou o alumnado de Ventín que estaba a rematar 6º de EP para visitar o instituto, entre as moitas dependencias que foron vendo do centro tamén estaba a radio. Algúns deles animáronse a entrar e foron deixándonos a opinión que lles causou o que vai ser para o ano seu novo centro educativo:
Pasaron todos tamén, en quendas, pola aula 115 e mais polo corredor da biblioteca, onde as alumnas de 3º ESO lles explicaban como funcionaba o EDLG |
|||
O grupo de 1º ESO que leva o programa de podcast "De pe a pa" fixo un último episodio entrevistando á súa profesora de bioloxía e coordinadora do Club de Ciencias, Raquel Baños, para que lles falase de ecoloxía e fixese varias aclaracións sobre un dos temas que máis lles preocupa, o cambio climático e as súas consecuencias:
|
|||
O último episodio deste curso dentro do programa Entrevistas con Diego. Nesta ocasión foi a campioa de karate Olivia Parga, que, aínda que xa foi entrevistada polas súas compañeiras de clase, foi chamada por Diego para o seu programa. |
|||
O venres, 21 de xuño celebrouse na Casa da Cultura a Gala do décimo aniversario do IES do Milladoiro. Os actos comenzaron ca inauguración da exposición "Ao son da oralidade, da pedra á palabra", recente gañador do premio Antón Fraguas. Posteriormente desenvolveuse a gala, na que os protagonistas foron alumnado, profesorado, ex-profesorado e ex-alumnado. Velaiquí tedes algunhas imaxes da emocinante cerimonia.
O Milladoiro que queremos!!!
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As compoñentes do grupo de Emprendedoras (1ºESO), que non para de medrar, fixéronlle unha breve entrevista á súa compañeira Uxía Rodríguez, xogadora da Federación galega de fútbol sala feminino.
|
|||
Dormente de Raquel Castro é a obra que o alumnado de 2º ESO estivo a ensaiar e a gravar durante varios meses nos recreos. Xa pubicamos o preacto e mais o acto 1 hai un tempo. Agora finalizaron a obra:
|
|||
O grupo de radio "Saber falar" (formado por alumnas de 1º ESO) aproveitou a visita a Ventín para facerlle entrevistas á rapazada e profesorado de 5º e 6º de primaria sobre a segunda edición do Programa "Modo Galego, actívao" que se desenvolve xunto co Concello e a RAG e no que estas alumnas participaran o ano pasado cando cursaban 6º de EP.
|
|||
O pasado 19 de xuño o alumnado do EDLG, acompañado por tres membros do profesorado, achegouse ata Rianxo para unha xornada de convivio e aprendizaxe. Estiveron no IES Félix Muriel visitando o centro: local do Equipo de normalización, aula de polos creativos, patio, cafetaría... e a súa radio, onde Alba, Sara e Paula gravaron as súas impresións da visita.
Deixámosvos un vídeo con algunhas imaxes do que foi a xornada: roteiro polo paseo marítimo, visitas ao IES, Museo do Mar e Casa Manuel Antonio e mais un pequeno paseo polo casco histórico
|
|||
Deixámosvos aquí os podcast e as fotografías do alumnado que elaborou podcast seguindo as indicacións do Certame "As imaxes do patrimonio" que desenvolve a Asociación Ponte...nas ondas! Este certame destinado aos centros da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pretende que o patrimonio que se atopa nas falimilas sexa transmitido ás novas xeracións, obxectivo plenamente acadado co alumnado participante pois, ademais de facer un bo traballo para a materia de portugués, aprenderon de onde viñan e que facían os seus antepasados antes de 1970 (data límite das fotografías) Iago Varela e Lía Barreiro encontraron fotos de bisavós, Inés Cancela trouxo catro de familiares diversos en espazos moi diferentes e Andrea Caramés traballou coa do seu tío e a súa irmá. Todas e todos descubriron cuestións que descoñecían do pasado das súas familias e, ao final, da historia do pobo galego. Nos podcast tiñan que describir as fotos e mais podían entrevistar a familiares que lles desen máis información. Non deixedes de escoitalos.
|
|||
O alumno Alejandro Buela Pampín acudiu o venres, 22 de xuño, ao acto de entraga de diplomas dos mellores expedientes académicos, organizado este ano pola Univerdidade da Coruña, xunto ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo (MEGABAU 2024) e que tivo ligar no Coliseum da cidade herculina. Dende o IES do Milladoiro, damos a nosa noraboa a Alejandro polo recoñecemento ao seu gran traballo e esforzo, durante este curso e toda a súa etapa de Bacharelato. O recoñecemtno ao traballo de Alejandro foi tamén recollido nos medios de comunicación e en concreto por "el Correo Gallego" o pasado mércores. 18 de xuño. |
|||||
|
|||
Aquí tendes algúns traballiños do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía para despedir o curso. |
|||||||||
Alumnas de 3º e 4º ESO do IESP de Ames (Bertamiráns) veñen de acadar o 1º e 2º premios de divulgación (comunicadores científicos) organizado polo CSIC nun proxecto de ciencia cidadá. O propósito de "Mosquito Alert" é innovar a vixilancia tradicional de mosquitos transmisores de enfermidades e estudar especies invasoras mediante a participación cidadá e o uso das novas tecnoloxías.
Para que nolo contasen as protagonistas do premio, Celia, Celtia, Aroa e Celia fixéronlles unha entrevista telefónica para o programa "Ao son da paisaxe". Na parte técnica estivo Erik Cadavid.
|
|||
|
|||
Énchenos de orgullo o resultado acadado polo alumnado do IES do Milladoiro na convocatoria ordinaria da ABAU 2024: a totalidade do noso alumnado (39/39) recibiu a cualificación de APTO nestas probas de acceso aos estudos universitarios.
Este logro colectivo, consecuencia fundamentalmente do seu esforzo ao longo do curso, representa un xeito brillante de culminar a súa andaina no noso centro, no que unha maioría desenvolveu tamén a súa etapa de educación secundaria.
Este éxito, que é principalmente das alumnas e dos alumnos, enorgullece tamén ao seu profesorado, comprometido e envorcado na súa tarefa, e faino sentir recompensado e confortado.
|
|||
O equipo infantil de baloncesto do Basket Ames quedou campión da liga comarcal. Nel xogan alumnos do noso centro de 2º ESO: Xoel Reinaldo, Diego Pérez e Martín Niessen. Os dous primeiros dirixen, xunto con Pablo Paz, o programa Deportes do MillaFalaDoiro e, como non podía ser doutro xeito, falaron da súa victoria. Axudoulles na entrevista Xoel Moreno.
O pasado domingo, 9 de xuño, entregáronse os premios, que recibiron tamén outros dous equipos do Basket Ames de categorías inferiores.
|
|||
As Emprendedoras galegas publican dous episodios máis, un sobre o Orgullo friki e outro sobre o Pobo xitano.
|
|||
O grupo de alumnado de 1º ESO que configuran o equipo "De pe a pa" fixo un episodio especial polo Día mundial dos océanos. Aroa, Mariña, Ada na redacción, Aroa e Mariña na locución, Xabier e Hugo na parte técnica realizaron este seu segundo programa centrado en cuestións ambientais. |
|||
Entrevistas con Diego é o programa máis famoso de entrevistas da radio MillaFaladoiro. Diego Madarnás xa entrevistou máis veces a compañeiras e compañeiras do centro, nesta ocasión repite con dúas compañeiras de promoción, as dúas grandes artistas, cada unha na súa especialidade. María Iglesias trunfa no ámbito musical e Antía Lourido no mundo da patinaxe. Xa as dúas foron entrevistadas aquí en ocasións anteriores, mais agora actualizan a información dos seus éxitos e logos. No artigo anterior desta web podemos ver as imaxes de Antía "en acción" e mais a nova do último premio acadado. Deixamos tamén unhas imaxes de María, gañadora do Canta con Ames e vocalista do grupo "Onda Dagda"
Na entrevista a Antía Lourido, Diego estivo acompañado por Aroa Riveiro e Celia Lema, especialistas no tema da patinaxe. Na parte técnica: Hugo Mateos e Mario Campos
|
|||
De novo temos que dar os parabéns a unha alumna do noso centro, nesta ocasión, a fantástica patinadora Antía Lourido de 1º de Bacharelato.
Antía Lourido Villasenín acadou o bronce na categoría júnior no Campionato Galego Libre de patinaxe artística de categoría nacional,celebrado os días 18 e 19 de maio en Gondomar, logrando a súa clasificación para competir no próximo Campionato de España, que se celebrará do 1 ao 7 de xullo en Zaragoza. Despois dunha dura tempada, na que por mor dunha lesión estivo varios meses fóra das pistas de patinaxe, Antía Lourido logrou subir de novo ao podium e asegurar a súa praza para competir no nacional.
Campiona Galega no ano 2023, bronce no 2021 e tres veces campiona provincial, esta será a cuarta vez que a deportista participe nun Campionato de España, consolidando a súa traxectoria deportiva dentro da elite do patinaxe artístico nacional formando parte do top 10 das millores patinadoras nacionais.
|
|||
|
|||
Diego Madarnás entrevista a parte da rapazada do EDLG de 1º, 2º e 3º ESO para saber da súa concienciación sobre o cambio climático Este programa foi publicado dentro do programa que leva Manuel Casal Lodeiro en Ames Radio |
|||
Carmen Cuevas foi alumna de Ventín e compañeira de clase das alumnas de 1º ESO que forman o grupo "Saber falar" (Lara, Aroa, Zoe, Candela, Antía, Aldara e Noela) En Ames é coñecida porque gañou o "Canta con Ames" e era vocalista do Combo xuvenil da EMMA, a Escola Municipal de Música de Ames, onde se formou como cantante antes de ter que marchar para Ourense. Recentemente participou no concurso La Voz Kids e as súas ex-compañeiras decidiron entrevistala.
|
|||
Olivia Parga, alumna de 1º ESO, acaba de encanar varios premios no deporte que practica, o karate: medalla de ouro na Liga Galega que se celebrou este mes de maio, pero xa fora tamén medalla de ouro na Liga Española que se celebrou en Ávila en febreiro e, acadou a medalla de bronce no Campionato de España que tivo lugar en Guadalajara hai un mes. As súas compañeiras de clase, que teñen o programa de podcast "Emprendedoras Galegas", convidárona a pasar pola radio a responder unhas preguntas. Aquí tendes o especial e mais un pequeno vídeo con algunhas fotografías.
|
|||