Escalada en rocódromo

O  martes  12  o  alumnado de  2º  ESO A  e  2º  ESO B puido  practicar  a  escalada  en  rocódromo. A  actividade  foi  organizada polo  departamento  de  Educación  Física. Os  restantes  grupos  de  2º  levarán  a cabo a   actividade  o  día 19  de  novembro.

 

                                        

Danza contemporánea para a igualdade

 

 O  vindeiro  xoves  o  alumnado  de  Música  de  1º  de  Bacharelato  participará  nunha  actividade  de  danza  levada  a  cabo  por  Xiana  Vilas, coreógrafa  e bailarina.

 

A actividade está organizada polo departamento de Música en colaboración co EDLG ao abeiro do programa IGUAL - SON que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove en execución do acordo de colaboración asinado entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para a educación en igualdade entre homes e mulleres, que introduce mensaxes positivas de rexeitamento de condutas machistas en desenvolvemento das actuacións do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, NÓS CONTRA A VIOLENCIA.

Visita ao parque eólico de Sotavento

O pasado  xoves, día 7,  o  alumnado  de  4º  de  ESO  visitou  o parque eólico  experimental  de  Sotavento.

A  actividade  foi  organizada conxuntamente polos  departamentos  de  Bioloxía- Xeoloxía, Física-Química  e  Tecnoloxía.

Día da ciencia en galego

Hoxe, 4 de novembro, celébrase o Día da Ciencia en galego. Desde o EDLG, en colaboración co departamento de Física, de Tecnoloxía e de Matemáticas quixemos celebralo con varias actividades.

Desde cienciaengalego.org propuxeron o lema A prol da ciencia galega e do galego na ciencia, que o alumnado do EDLG rotulou durante os recreos para elaborar o cartel anunciador.Ademais de reivindicar o galego como lingua válida para a ciencia, tamén é obxectivo da asociación promover o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso. Como este é o

Ano Internacional da táboa periódica, ano no que se celebra o 150 aniversario da Táboa Periódica de Mendeleiev, no EDLG do IES do Milladoiro fixemos un vídeo para conmemoralo. Agradecemos a colaboración do alumnado de 2º ESO e mais das súas profesoras de física e matemáticas.

 Pola súa banda, tamén o alumnado de 2º ESO, coordinado pola profesora de Tecnoloxía, elaborou uns traballos sobre os principais inventos da humanidade que se expoñen polos corredores do IES.

Reparto de froita

 

O IES do Milladoiro participa un  curso  máis no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 4 ao 15 de novembro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º  ESO, que poderá recoller a froita no primeiro recreo. No segundo, o resto do alumnado poderá recoller a froita sobrante.

 

Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao IES do Milladoiro merecedor do distintivo  "SELO DE VIDA SAUDABLE".

 

 

Samaín no IES

Nun centro coma o noso, no que hai moito alumnado de fóra, é preciso implicarse na normalización cultural como base para a normalización lingüística.  Por iso estivemos desde o EDLG organizando unha exposición sobre as orixes e significado do Samaín. O alumnado do ENDLG estivo nos recreos elaborando cartaces explicativos ao respecto.

Tamén se organizou  a lectura de contos de medo polas aulas e mais na biblioteca e un concurso de microrrelatos de medo, cuxo gañador foi Adrián Dubra.

 

 

 

 

Meteogalicia

O  alumnado de Xeografía de  2º de Bacharelato visitou  este  mércores a  sede  de  Meteogalicia.

                                        

Xogamos en galego co alumnado de infantil

Hoxe, martes 29 de outubro, tivemos a última xornada de convivio co alumnado de infantil a través dos xogos populares. O alumnado das dúas quendas que viñeron hoxe, ademais de aprender a xogar da man do noso alumnado, recibiu -igual ca os anteriores- as intrucións e a comunicación en lingua galega. O profesorado da Escola infantil, ao final da actividade, agasallou á nosa rapazada con galletas.

 


 

Magosto 2019

  O  martes   celebramos  o  Magosto  no  instituto;  á  última  hora  da  tarde  alumnado, familias  e  profesorado  compartimos  castañas  e  conversa  grazas  á  organización  da  ANPA.

                                           

 

Narracións africanas

O pasado luns o alumnado de 3º de ESO acompañado das tres profesoras que conforman o departamento de francés asistiron na Casa da cultura do Milladoiro  a unha sesión de narracións africanas a cargo do profesor de linguas e mediador intercultural Samuel Mountoumnjou. 

                                                                    

Xogos populares para o alumnado da EEI

Hoxe, luns 28,  continuamos coa actividade "Xogamos no Samaín", organizada polo EDLG, en colaboración co Dpto. de  E.Física. Visitáronnos dous grupos de alumnos e alumnas da EEI Milladoiro: entre as 8.50 e as 10.30 recibimos  un grupo de 50 alumnos e alumnas de 5 anos, que compartiron  xogos co alumnado de 4º ESO A e o alumnado de Portugués de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato; entre as 10.50 e as 12.30  o  alumnado  de  3º ESO A e 4º ESO B  recibiu  a un grupo formado por 50 alumnos e alumnas de 4 anos. Toda a  rapazada  puxo  en práctica   os  distintos  xogos  populares  mentres  conversaban  en  galego.

          

                                        

Xogos populares para o alumnado da EEI

Este venres, 25 de outubro, comezou a actividade dos Xogos populares polo Samaín, que este ano se vai realizar durante tres días para así poder atender a todo o alumnado de infantil de catro e cinco anos.

Vanse realizar un total de cinco sesións para que todo o alumnado da EEI desa idade poida vir ata o instituto aprender a xogar da man do alumnado de 3º e 4º da ESO. Este, organizado por parellas, acolle a cadansúa parella de infantil para lle ir ensinando cada un dos xogos, ata un total de 23. O alumnado do instituto ten ademais o reto de explicarlles a actividade en galego e de manterse falando en galego coa rapazada xa que é unha iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do Instituto, en colaboración co EDLG da escola infantil e mais co departamento de Educación física do IES.

Este venres viñeron  50 rapaces e rapazas nunha quenda entre as 11h e as 12,30h. Para o luns haberá dúas sesións doutros 50 membros do infantil en cada unha das quendas e o martes outras dúas, unha de 50 e outra de 25.    

                                                  

                                      

Maxia no IES do Milladoiro

O  venres, 25  de outubro, o  mago  Kenneth  ofreceu  no  noso  centro, e  no  marco  do XIV Festival  de  Maxia  de  Ames, un  espectáculo  de  maxia  e  humor  para  o  alumnado  de  1º  de  ESO.

                                       

Desata a lingua 2019

O alumnado do IES do Milladoiro que se anotou para participar no Concurso de teatro radiofónico, tivo hoxe, xunto co alumnado do IES de Bertamiráns, a primeira das dúas xornadas formativas que ofrece o concello.

A sesión desenvolveuse desde as 11 ata as 13,15 da mañá na Casa de cultura do Milladoiro. Desde o noso IES acudiron oito grupos e un total de 23 rapaces e rapazas que foron atendidos por dous membros do Grupo “Ibuprofeno Teatro” (Santiago Cortegoso e Marián Bañobre).


Na primeira parte da mañá todos xuntos recibiron unha formación xenérica sobre o xénero do teatro lido. Alí insistíuselle ao alumnado en que seleccionasen ben o tema a tratar e tamén o xénero (comedia ou drama). Puxéronlles uns audios con pezas que participaron no concurso de teatro radiofónico da Radio Galega para que lles servisen de exemplo.

 

A continuación repartíronse en dúas salas para traballar a guionización cunha explicación máis detallada, dar asesoramento aos diferentes grupos nos seus respectivos guións e atender dúbidas sobre a actividade.

 A seguinte sesión de formación vai ser o vindeiro 6 de novembro xa no IES para practicar a locución dos textos que xa teñen que estar rematados. Vaise gravar na semana do 18 de novembro nos locais de Ames Radio.

ESCOLAS SEN RACISMO. AXENDA ESCOLAR FEMINISTA 2019-2020

O  venres  25  presentouse  por  parte da  Asamblea  de  Cooperación  pola  Paz (ACPP) o  programa Escolas sen  racismo ante  o  alumnado  de  1º  de  ESO.   No  mesmo acto tamén se presentou  a  Axenda  escolar  feminista  elaborada  para  o  curso 2019-2020 e á  qie  se  pode  acceder  a  través  deste  enlace.  O  centro recibiu  unha placa en  recoñecemento  ó  labor  desenvolvido.

LANGUAGE PLANNING

O  alumnado de  4º  de  ESO  e  de  1º  de  Bacharelato  asistiu á  montaxe  teatral  Language  Planning, baseada  na obra  Made in  Galiza de  Séchu  Sende. A  respresentación correu  a  cargo  de  Os  Quintilláns  Teatro  e  a  actividade  foi  organizada polo  EDLG  e  o  Departamento  de  Lingua  galega  en  colaboración  co  Concello. 

O  alumnado  foi  agasallado  cun  exemplar  de  Made  in  Galiza (publicado por  Galaxia) e  ao  final  da  representación  puido  manter  un  coloquio co  autor  e  tamén  cos  actores.

                                

OBRADOIRO DE TEATRO CO GRUPO CHÉVERE

A  POSTA  EN  ESCENA  DA  NOSA  AUTOESTIMA

Semana Europea da Mobilidade (SEM)

Hoxe, 19 de  setembro, o  alumnado de  2º  de  ESO  asistiu  a  unha  charla  organizada en colaboración co Concello de Ames.

FONDO LIBROS / VALES AXUDAS

Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 11 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 12 e 15 de xullo.

Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas,  xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora.

listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

Regueifando no IES do Milladoiro

Deixámosvos aquí  o  enlace  ao  vídeo realizado por  catro grandes artistas  de 1º ESO C:

Marta Méndez, Yago Cepeda, Pablo Antelo e David Porto regueifando para o Enreguéifate 2019.

IV OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA

A  IV  Olimpíada  de  Convivencia  chegou  á súa  fin.

HORARIOS DE VERÁN

Novo equipo directivo

A partir do 1 de xullo, o Equipo Directivo do IES do Milladoiro estará formado polas seguintes persoas:

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO LIBROS

Os libros prestados serán recollidos polos titores/as exclusivamente os días 20 e 21 de xuño, agás aqueles necesarios para preparar os exames de setembro. Non se seguirán recollendo libros despois desa data. Se, tras a entrega das cualificacións, algún alumno/a necesitase para setembro un libro xa devolto ao fondo, debe pedilo no despacho de vicedirección o xoves 27 de 10 a 13 h.

 

Recordamos que a falta de devolución de todos os libros no prazo indicado ou que non estean en bo estado de conservación para a súa reutilización será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros e material escolar tanto no próximo curso 2019/20 coma nos sucesivos.

O alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados das materias suspensas no momento da recollida do boletín de notas,  xoves 5 de setembro, ao seu titor/a.

Nova publicación do centro: "Mulleres traballadoras"

Como  resultado do proxecto  interdepartamental  levado  ao longo  deste  curso, presentamos  a publicación  Mulleres traballadoras, 

Entrega dos premios do concurso "Canguro matemático"

O martes 18 de xuño o departamento de Matemáticas rifou agasallos entre todos os participantes no concurso

Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

Ao longo da semana do 14 de xuño celebramos no noso centro o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Obradoiro "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" de 1º ESO: reunión coas familias

O martes 18 de xuño ás 18:30 teremos a reunión informativa para as familias, coa psicóloga Belén Montesa, responsable deste obradoiro.

Presentación do EPD_Lab en 1º ESO

O alumnado de 2º ESO D, que este curso participou no EPD_Lab, presentoulle este proxecto ao alumnado de 1º ESO,

Xornada de acollida

O venres 7 de xuño recibimos o alumnado que entrará en 1º de ESO o vindeiro curso.

Distribuir contido