A POSTA EN ESCENA DA NOSA AUTOESTIMA Obradoiro de teatro centrado na súa utilidade social, organizado en colaboración con ANPA Milla e pensado para xogar e aprender a actuar como somos. As actrices do grupo Chévere servirán de guía na realización de prácticas teatrais que permitan mellorar a autoestima e fomentar a tolerancia. O obradorio terá lugar no centro, na Sala de usos múltiples, en oito sesións de hora e media de duración (15.00 - 16.30):días 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6, 13, 20 e 27 de novembro. Son 20 as prazas ofertadas, distribuídas da seguinte maneira: Alumnado: 12 prazas Familias: 4 prazas Profesorado: 4 prazas A inscrición farase en Vicedirección ata o 4 de outubro; as prazas serán asignadas tendo en conta a rigorosa orde de inscrición. As familias poden inscribirse enviando un correo electrónico ao centro. No caso de que quedara vacante algunha praza destinada ás familias ou ao profesorado, esta pasaría a ser ocupada polo alumnado. Para máis información sobre a actividade pincha aquí. |
|||