Obradoiro: "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" para 1º ESO

A partir do 21 de maio a psicóloga Belén Montesa impartirá este obradoiro nas horas de titoría de cada grupo de 1º ESO. Os obxectivos do obradoiro son:

  • Realizar un diagnóstico previo da situación do alumnado respecto á utilización das novas tecnoloxías para detectar e avaliar posibles situacións de adicción.
  • Informar sobre as adiccións tecnolóxicas.
  • Reforzar as habilidades necesarias para o uso correcto das novas tecnoloxías.
  • Previr a súa utilización problemática e os seus riscos asociados.

O obradoiro constará de súas sesións:

  • 1ª sesión: 1º B, C: 21 de maio / 1º A, D, E : 22 de maio
  • 2ª sesión: 28 de maio

O martes 18 de xuño ás 18:30 haberá unha reunión informativa para as familias, na que se darán a coñecer os resultados deste obradoiro. Terá lugar no Salón de Actos do centro.

-