Obradoiro de igualdade e convivencia positiva

Dentro das actividades celebradas no IES do Milladoiro para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o venres 23 tivo lugar un Obradoiro de igualdade e convivencia positiva promovido polo CIM do Concello de Ames.

Visita ao CIQUS

O pasado mércores 21 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º bacharelato puideron desfrutar coa visita ás instalacións do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC) e participar nunha actividade dirixida que trata de achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.

Espazos para reflexionar. Charlas organizadas pola ANPA Milla

Proxecto colaborativo de Plástica

O curso 2017/2018 o profesor Horacio González levou a cabo, co alumnado de 1º de ESO, un proxecto colaborativo de construción de reproducións dos móbiles do artista estadounidense Alexander Calder. Esta experiencia vén de ser publicada na web VHPlab MAKE EASY

Saída ao teatro: I´ll be watching you (hei estar vixiándote)

O alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de asistir, na Casa da Cultura de Bertamiráns, á representación de I´ll be watching you (hei estar vixiándote) da compañía Chévere. Trátase dun proxecto teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero transmitidos polas cancións amorosas da música comercial de consumo masivo. Esta actividade foi financiada polo CIM do Concello de Ames como parte das actividades organizadas para loitar contra as violencias de xénero. Vídeo

Plan de consumo de froita

O IES do Milladoiro participa no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 19 ao 30 de novembro.

Narrations d´Afrique

O pasado 8 de novembro un grupo de máis de 70 alumnas e alumnos de francés de 3º de ESO do IES do Milladoiro desfrutaron e escoitaron cunha grande atención os contos que nos trouxo o narrador Samuel Mountoumnjou.

Anaquiños matemáticos 2018/2019

Un curso máis, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do IES do Milladoiro.

Xornada TEI: xogos populares

 O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida  por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO.

Samaín

Samaín

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. O calendario das reunións e das intervencións é o seguinte:
- Formación co profesorado: martes 06/12/18 ás 18:15 horas.
- Intervención co alumnado de 2º e 4º da ESO ao longo das semanas do 12 e 19 de novembro.
- Reunión coas familias de 2º e 4º da ESO: martes 04/12/18 ás 18:15 horas.

Obradoiro de igualdade e bos tratos

Da man do proxecto Aleida - Conecta e de IGASEX3 comenza en novembro o  "Obradoiro de igualdade e bos tratos" que se desenvolverá ao longo do mes nas horas de titoría de 2º ESO.

Día das bibliotecas escolares

O luns 29 de outubro celebrámolo coa entrega de diplomas por parte do Director aos axudantes de biblioteca do pasado curso, unha actuación musical a cargo das alumnas de 3º de ESO Nuria Chan e Alba Conde e a lectura de poemas por parte de alumnado do EDLG. Ademais, soltáronse libros en diferentes puntos do centro para ser levados por quen os desexe.

Concurso de TEATRO LIDO do Concello de Ames

Un total de oito grupos representarán o noso centro no VIII CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES. O pasado día 24 de outubro asistiron á primeira sesión de formación no Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames.)

XIII Festival de maxia do Concello de Ames

O venres 26 de outubro visitou o noso centro o mago Roberto Lolo e fixo pasar un anaco estupendo ao alumnado de 1º de ESO. Festival de maxia do Concello de Ames

Saídas ao teatro

O 23 de outubro o departamento de Lingua Galega e Literatura levou ao alumnado de 2º de Bacharelato ao Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Elisa e Marcela, unha coproducción de A Panadería co Centro Dramático Galego. A semana anterior foi o alumnado de 2º e 3º PMAR o que puido asistir a Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, unha coproducción de Pistacatro co CDG baseada na obra de X. L. Méndez Ferrín.

Magosto 2018

A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES do Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 30 de outubro de 17:20 a 18:10.

AXENDA ESCOLAR FEMINISTA

     A semana do 8 ao 12 de outubro procederemos a repartir en 1º ESO a Axenda escolar feminista, axenda escolar do curso 2018-2019, froito da colaboración  entre Agareso, ACCP, o IES do Milladoiro e outros centros que forman parte da Rede Galega de Escolas sen Racismo (IES Xulián Magariños, Negreira; IES G. Torrente Ballester, Pontevedra; IES Laxeiro, Lalín; CEIP López Ferreiro, Compostela; CEIP Apóstolo Santiago, Compostela e CPR Vilas Alborada, Compostela). Esta axenda inclúe a biografía de Filomena Fraga, veciña do concello de Ames, redactada por alumnado do noso instituto.

Peche temporal da cafetería

Con data do 31 de agosto, o centro recibiu un correo do Servizo de Comedores Escolares no que se nos informaba, por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Otaivén Barcala, de que dado o novo sistema de adxudicación, agora centralizado na Consellería,  as cafeterías non poderían abrir ata o remate do proceso.
A cafetería non abrirá, xa que logo, polo momento. Hoxe, 19 de setembro, consultamos ao Servizo de Xestión de Comedores sobre a data de apertura e comunicóusenos que se realizará "proximamente".

INICIO DO CURSO 2018-2019: reunións coas familias e presentación dos grupos

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Reunión informativa coas familias e o alumnado de 1º de ESO: xoves 6 de setembro, 18.00

Reunión informativa co alumnado novo no centro de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato e coas súas familias: luns 10 de setembro, 18.30

 

PRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO

Luns 17 de setembro, 13.00

 PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS  DE ESO

Martes 18 de setembro

1º ESO: 11.30 - 12.30

2º ESO: 12.00 - 12.30

3º ESO  e 4º ESO: 12.30 - 13.00

Haberá servizo de bus para o alumnado transportado de 11.30 a 13.00

 

INICIO DAS CLASES

Mércores 19 de setembro, no horario habitual do centro: 8.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018 - 2019: LISTAXES DEFINITIVAS

  Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnado admitido e excluído nas axudas para material escolar e  no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Neste último, na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro. Na listaxe de libros complementarios figuran subliñados os libros aos que algúns alumnos e alumnas teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días.

   Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos durante a primeira semana do curso.

INFORMACIÓN SOBRE A CAFETERÍA

Ante a publicación no DOG da adxudicación do servizo de cafetería para o próximo curso, ofrecemos ós interesados/as algúns datos sobre este servizo o e sobre o local do que dispón o centro. Importante: téñase en conta que parte do mobiliario que aparece nas fotografías non é propiedade do centro, polo que non se subministra xunto co local; o único mobiliario que se subministra é o indicado nos pregos de condicións e no documento de datos anexo.

Recordamos que todas as xestións e consultas se deben facer ante as instancias administrativas da Xunta e na forma indicadas no DOG [enlace á plataforma de contratacións]. No centro non hai que facer ningún tipo de xestión.

Documento de datos

Fotografías: Local cafetería (vista 1) / Local cafetería (vista 2) / Barra cafetería / Cociña (vista 1) / Cociña (vista 2)

Outros datos xerais do centro

Celebración do premio da III Olimpíada da Convivencia

Xornada festiva do alumnado de 4º ESO D, gañadores da III Olimpíada da Convivencia do IES do Milladoiro. V. fotos.

Presentación do vídeo A REDE DO IES DO MILLADOIRO

O venres 15 de xuño presentamos ao público o vídeo A rede do IES do Milladoiro. Foi  realizado ao longo deste curso por alumnado voluntario de 2º de ESO, nun obradoiro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios),  froito da súa colaboración coa ACPP Galicia e o noso centro. Queremos agradecer a Antonio Grunfeld e a María Aneiros o esforzo e a ilusión postos neste proxecto. Velaquí o resultado.

Encontro coa escritora Andrea Barreiro

O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar coa autora da obra lida o último trimestre, Non hai luz sen oscuridade, nun encontro na biblioteca o xoves 14 de xuño.

Proxecto interdepartamental: HISTORIA DAS NOSAS AVOAS

QUEDA ANULADO O ACTO DE PRESENTACIÓN que ía ter lugar o martes 19 de xuño, ás 12.50,  do libro Historia das nosas avoas no salón de actos do IES do Milladoiro.

Traballo por proxectos: xornal de 2º PMAR

Ao longo do último trimestre, o alumnado de 2º PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento) levou a cabo un proxecto de creación dun xornal. Foi a ferramenta para desenvolver diversas competencias (comunicativa, dixital e social). Expoñemos aquí o froito do seu esforzo.

11/6/2018 - Detectados casos de piollos

Detectáronse casos de piollos no instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.

CONSIGNAS DO ALUMNADO

Antes do 26 de xuño o alumnado debe deixar baleira e aberta a súa consigna. Pode recoller a copia da súa chave na secretaría do centro.

Remata a III Olimpíada da Convivencia con 4º ESO D como grupo gañador

Distribuir contido