Estas son algunhas das novidades que este outubro tráenos á Biblio do Lamas. Hai de todo un pouco: novela gráfica, historias xuvenís, biografías noveladas..
Entre elas están tamén os libros do Club de lectura que retoma as súas sesións con Sandra Romarís como responsable. Moitas grazas Sandra polo teu traballo e o teu compromiso co alumnado e a Biblio!!!
Animádevos e entrade na Biblio!! Hai unha chea de historias para compartir!!
Ata o día 26 deste mes temos expostos na Biblio unha selección de banda deseñada de temáticas diferentes: fantasía, historia, feminismo, humor... Só pódense consultar na Biblio, xa que non se poden emprestar para casa porque son unha cesión temporal da Consellería que nos chegaron na "Maleta viaxeira".
Por fin puidemos entregar os premios ás ganadoras do II Concurso de Booktrailers: Lis Castro Vázquez e Rita Domínguez Lores, daquela alumnas respectivamente de 1º ESO A e 1º Bacharelato A. Aínda que o concurso se resolveu xa no mes de xuño como estaba previsto, non puidemos entregar os premios ata estes días.
As técnicas empregadas nos seus videos, que podedes ver premendo nas imaxes seguintes, son moi distintas pero ambas recollen perfectamente a esencia dos libros que promocionan: O misterio dos fillos de Lúa (de Fina Casalderrey) e Sen piedade (de Pedro Feijoo)
O equipo de Dinamización Lingüística do instituto felicita as premiadas e anima a todo o alumnado a participar no concurso porque ás veces ganase.
As profes responsables da Biblioteca produciron este vídeo que podedes ver no Instagram da Biblio do Lamas para recomendarvos agradable lectura neste día do libro de 2020. Seguide o consello !!!
O pasado venres Luz Fandiño estivo no Lamas de Abade compartindo co alumnado e profesorado os seus poemas e as súas experiencias vitais. Desa actividade teñen xurdido múltiples actividades das que o Departamento de Galego quere compartir, entre outras moitas e a modo de exemplo pola súa calidade, a desenvolvida por Elisa Nieves. Pulsa na imaxe ou neste vínculo para acceder ao PDF.
Santiago Lopo estará o martes 3 de decembro co alumnado de 1º de Bacharelato en horario de 10:35 a 11:25 no ciclo de "Conferencias na Biblioteca"
Lopo é un dos autores máis destacados da narrativa galega actual. Abonda con dicir que xa foi premiado na súa carreira co "Premio García Barros" e co "Xerais" coas obras "Hora Zulú" e "A arte de trobar". A gozar da experiencia!
Un novo espazo na biblioteca: Espazo Clara Campoamor, que albergará libros e exposicións relacionadas con igualdade, o feminismo e a coeducación. Unha iniciativa do Club de Letras, xestionado pola profesora do Departamento de castelán, Ana Gil. Pulsade para ver o álbum deste coidado, inspirador e valiosísimo espazo que demanda parada e atención obrigada.
Para máis información da Biblio
Falar de Suso de Toro é falar de Literatura Galega con maiúsculas, pero tamén destaca polos seus traballos en teatro, televisión, cinematografía, xornalismo e polo seu compromiso político.
Por todo isto Suso de Toro será o convidado para unha charla na Biblioteca do Lamas o próximo 7 de novembro da que gozará o alumnado dos cursos de 1º e 2º de Bacharelato das materias de "narrativas cinematográficas" e "Cinema e Literatura galegos". A actividade está programada para comezar ás 12:00
Máis información e fotografías da actividade no Instagram da Biblioteca
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer