INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Normalización Lingüística

QUEREMOS GALEGO. Compostela 18 de outubro de 2009

 
Podes premer nos enlaces para ver a información colgada en Yoou Tube sobre a manifestación do 18 de outubro 
 Mini e Mero
 <object width="400" height="300"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=7130416&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=1&amp;show_portrait=0&amp;color=&amp;fullscreen=1" /><embed
Fran Reri e Avelino Pousa  Antelo
 <object width="400" height="300"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=7140347&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=1&amp;show_portrait=0&amp;color=&amp;fullscreen=1" /><embed
 PATRICIA VÁZQUEZ
 <object width="400" height="300"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=7140853&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=1&amp;show_portrait=0&amp;color=&amp;fullscreen=1" /><embed
Telexornal TVE

http://www.youtube.com/watch?v=lC1AAMJAG4s

Quintana, chegada dos primeiros manifestantes, despois encheuse catro veces mais, digan o que digan na tvg.

http://www.youtube.com/watch?v=z-BvtHa_YJQ

Milleiros de persoas (Acudiron 100.000 segun a organización, 50.000 seguna a policia) na Praza da Quintana cantando o Himno Galego o pasado 18 de Outubro de 2009 co motivo da manifestación pola defensa da nosa lingua.

http://www.youtube.com/watch?v=zFW9JuuXh4M

Chegada á Praza da Quintana da manifestación, convocada pola plataforma cidadá "Queremos Galego", en defensa da lingua propia da Galiza: o Galego O 18 de Outubro en Santiago de Compostela.

http://www.youtube.com/watch?v=7dDVX4pc9fs

 Telexornal TVG

http://www.youtube.com/watch?v=lVaE7Q40IJk

O pobo queremos galego

A capital do país acolle este domingo unha manifestación a prol da lingua que se prevé multitudinaria.

18/10/2009 VIEIROS

Santiago de Compostela acollerá este domingo a manifestación a prol da lingua convocada pola plataforma cívica Queremos Galego, que conta co apoio de case 500 entidades e milleiros de adhesións individuais e que prevé unha participación "máis que multitudinaria" nun acto de protesta contra as medidas lingüísticas "regresivas" da actual Xunta.

A marcha sairá ás 12.00 horas da Alameda e seguirá un percorrido similar que na manifestación do Día das Letras. Pasará por Porta Faxeira, Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, Praza do Doutor Puente Castro, República Arxentina, Hórreo, Praza de Galicia, Orfas, Toural, Rúa do Vilar, Conga e Praza da Quintana, onde se realizará o acto final coa lectura dun manifesto. Os colectivos defensores do reintegracionismo que apoian a manifestación teñen previsto ler manifestos alternativos, neste caso na Praza do Toural.
 
O vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, unha das entidades que se integran na plataforma Queremos Galego, Fran Rei, asegurou que as previsións de participación "son máis que positivas" xa que se dobrou o número de autobuses que acudiron á manifestación do 17 de maio.

Neste senso recordou que a mobilización do Día das Letras "foi convocada por unha entidade -A Mesa- e apoiada por moitas outras", mentres que esta convocatoria "é máis plural, máis diversa e vai ter un efecto de chamada moi importante", xa que hai máis entidades convocantes e máis que se adhiren.

Actos tamén na Galiza Exterior
A través dunha estrutura distribuída en 22 comarcas, Queremos Galego celebrou "máis de 50 actos na rúa, festas, concertos, actividades de todo tipo" para captar e sumar apoios de cara a este domingo; e estabeleceuse fóra de Galiza coa creación da plataforma Queremos Galego non Exterior -en Madrid-; e a súa próxima constitución en Bos Aires, a "quinta provincia galega". Ademais, organizáronse viaxes para acudir á marcha desde Portugal, Cataluña e Madrid.

Tamén, segundo puido saber Vieiros, á mesma hora no Orfeu Livraria Galego-Portuguesa, situado na Rue du Taciturne de Bruxelas, haberá un acto en apoio da manifestación. Cada un dos participantes nesta autoconvocatoria, "aberta e plural a todas aquelas persoas que se solidaricen en defensa da nosa lingua", lerán un texto en galego da súa elección -"un poema, un texto en prosa, unha cantiga, unha frase, unha palabra...".

Fran Rei afirmou que a manifestación deste domingo pretende ser "alegre, festiva e positiva". Neste senso, A Mesa nun comunicado enviado a todos os medios pediu que "ninguén que ame o galego fique na casa este domingo". Mais, a marcha -sinalou Rei- tamén ha ser "reivindicativa" contra "os plans lingüísticos deconstrucionistas" da actual Xunta, que pretende, dixo, "acabar coa presenza pública do galego naqueles ámbitos que a farían normal", denunciou.

Entre estas medidas do Executivo presidido por Alberto Núñez Feijoo, criticou a próxima derrogación do decreto do galego no ensino; o peche da rede de galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.

Apoio de todas as plataformas a prol do galego
A mobilización conta co apoio das plataformas Galego, patrimonio da humanidade, Galego Sempre Mais e ProLingua, integradas principalmente por cidadáns e cidadás anónimos mais tamén por destacadas personalidades de todos os ámbitos da sociedade.

A nivel político, PSdeG e BNG adeheríronse á marcha deste domingo, ao igual que TeGa, EU-IU, Partido Galeguista, FPG ou NÓS-UP. Tan só PPdeG e UPyD non manifestaron oficialmente o seu apoio. Entre os sindicatos, anunciaron a súa presenza CIG, CCOO, UXT, SLG e STEG.

Podes ler o artigo na edición dixzital do xornal premendo  http://www.vieiros.com/nova/76811/o-pobo-queremos-galego

Queremos galego, artigo de Victor Freixanes na Voz de Galicia

Queremos galego

 Victor Freixanes

18/10/2009 VOZ DE GALICIA

Vou de manifestación. Vou eu e mais os meus fillos, que xa non son uns rapaces: vinte e seis e dezanove anos. Imos xuntos a prol dá lingua e contra ninguén, isto paréceme importante: contra ninguén. Imos porque queremos expresar desta maneira ou interese e ou amor polo noso idioma, a lingua que nos leva xuntos, que compartimos, e na que nos recoñecemos. Ía dicir a lingua dous avós e dous nosos pais, e sinto que algo rompe. Vos meus avós falaban galego entre eles, sobre todo cando enfadábanse, pero cos netiños non, cos netiños falaban castelán, igual que os nosos pais connosco. Pertenzo á xeración dá Galicia urbana que nos anos cincuenta e sesenta fomos educados para saír adiante, para sobrevivir, para ser coma ou médico que viña visitarnos na casa, ou catedrático do instituto que nos explicaba a ciencia, ou funcionario do concello que despachaba expedientes, non coma ou labrego analfabeto nado nunha aldea de Sela, que marchou á guerra de África (e andou logo por todas as guerras) e deprendeu non exército as catro regras, ás que lles debía a vida, a súa condición de ser humano. Ese era ou meu avó.

Cos meus fillos, non sen esforzo, non sen unha toma de posición moi consciente, recuperamos ou elo dá cadea: vos meus fillos foron incorporados á vida en galego, dende ou principio, e en galego abríronse ao mundo e aos coñecementos, nun salto cualitativo que deu este país certamente xigantesco, non marco dás liberdades democráticas dá constitución española e ou Estatuto de Autonomía. Por primeira vez na historia ou idioma dous galegos recibía recoñecemento oficial, en pé de igualdade co idioma común do Estado, e ten vos seus dereitos, que reivindicamos.

Pero algo vén roto de atrás, e aquí é onde quero centrar a miña reflexión, ilustrada coa experiencia persoal. Ou gran problema dá lingua, mesmo para construír un equilibrio harmónico coas linguas todas do Estado (e coa contemporaneidade), é a ruptura xeracional que nun determinado momento, froito dás presións do poder e do desprezo, se produciu entre pais e fillos, avós e netos, cando vos primeiros interiorizaron psicoloxicamente ou fracaso e renunciaron ao código cultural e afectivo que vos unía: a representación simbólica do mundo, que non outra cousa é un idioma. Ou gran problema (e gran desafío histórico) do galego é esa ruptura, que fai que, mesmo de boa fe, moitos pais e nais non lles falen aínda aos seus fillos dá súa propia lingua. Unha renuncia que se fan a se mesmos, vítimas dun proceso histórico, e unha riqueza que lles negan aos que veñen detrás. Por iso manifestámonos. Non contra ninguén, repito, senón a favor do futuro.

Un dato para a esperanza. Son profesor dá universidade. Non primeiro curso de facultade teño este ano matriculados corenta e seis alumnos: rapaces urbanos e rapaces dá Galicia rural, metade a metade. Númerus clausus, porque a especialidade ten moita demanda e ou corte de nota dá selectividade está entre vos máis altos. Dous corenta e seis alumnos matriculados, só tres exprésanse en castelá.

Podes ler o artigo na edición dixital do xornal premendo http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/10/18/0003_8045000.htm?idioma=galego

MAGOSTO 2009

10/10/2009 00:32
07/11/2009 00:32
Europe/Madrid

 

Este ano o magosto será o día 6 de novembro, axúdanos coa túa participación nas actividades programadas.

QUEREMOS GALEGO

17/10/2009 00:00
19/10/2009 00:00
Etc/GMT

Desde o Equipo de Normalización do centro queremos animar á toda a comunidade educativa a participar nos actos do día 18 de outubro para manifestar o amor que lle profesamos á nosa lingua todos os días berrando aos catro ventos 

QUEREMOS GALEGO

 
   

Un domingo para quererlle ao galego, artigo publicado en Vieiros por M. del Río.

Un domingo para quererlle ao galego

A plataforma cívica Queremos Galego anima a que toda a sociedade que apoie o idioma estea presente o día 18 en Compostela

15/10/2009 VIEIROS 

Xa falta menos para o domingo 18 de outubro. Para esa data está marcada unha masiva manifestación en favor da lingua convocada pola plataforma Queremos Galego. Ás 12 do mediodía partirá da Alameda de Compostela unha marcha que percorrerá as principais rúas da cidade e culminará na Praza da Quintana. Ao acto están convidadas todas as persoas que queiran amosar publicamente o seu apoio ao idioma e o seu rexeitamento á política lingüística da Xunta, independentemente da súa adscrición.

O voceiro de Queremos Galego, Fran Rei, fixo un repaso ao proceso constitutivo da plataforma, nada "nun momento difícil e moi complicado para a lingua, unha situación de emerxencia nacional", en que o Goberno está a lexislar "contra a nosa lingua e cultura rompendo o modelo estatutario", e a eliminar os "avances que se produciron nos últimos anos de presenza pública do galego".

A plataforma naceu do amplo movemento cidadán que se uniu arredor da Mesa pola Normalización Lingüística e encheu as rúas de Compostela o pasado 17 de maio, "nunha manifestación histórica, como nunca se vira, e na que participou máis xente da que se puidera prever, de diferentes sensibilidades". Como consecuencia, "reflexionamos crear un movemento máis amplo, que acollese a cidadanía arredor do elo común do idioma". O 14 de xullo, despois de reunións con máis de 50 entidades, saíu a proposta conxunta de crear unha plataforma cívica.

Un dos seus dous primeiros obxectivos é, precisamente, a manifestación do 18 de outubro, mentres que o outro é poñer en marcha unha iniciativa lexislativa popular para que se garantan os dereitos lingüísticos. "A plataforma non ten data de caducidade", explica Rei, "mentres se manteña esta actitude próxima ao lingüicidio e non se recupere o consenso sobre o galego que se atinxiu nos anos de Goberno". Queremos Galego cre que os cambios lexislativos que se queiran levar a cabo se fagan volvendo "ao consenso e contando con todo o mundo".

A manifestación do domingo 18 concíbese como un punto de encontro de todas as persoas que queiran defender a lingua. Segundo explicou Fran Rei, "para nos é importantísimo e valiosísimo. Concedémoslle a cada apoio un enorme valor, que asumimos como un compromiso sincero na defensa do noso idioma. Cantas máis persoas e entidades se sumen mellor". Así, avogou por que as diferentes "plataformas e individuos se unan a esta manifestación, e aínda que non poidan sumarse como siglas á convocatoria, que chamen a sociedade a manifestarse". "Queremos Galego ten a vontade de colaborar e de ser punto de encontro total, e seguirá a facelo no futuro", asegura Rei.

 Para ler o artigo no xornal dixital preme http://www.vieiros.com/nova/76784/un-domingo-para-quererlle-ao-galego

Galego, Patrimonio da Humanidade convoca un acto de reflexión arredor da lingua

10/10/2009 VIEIROS 

A plataforma, con máis de cinco mil apoios, pretende "recuperar o consenso" sobre o galego. Tamén asistirá á manifestación do 18 de outubro.

A plataforma cívica Galego, Patrimonio da Humanidade, que xa recibiu máis de cinco mil apoios dende o mes de xuño, vai desenvolver un acto de reflexión en defensa da lingua o 14 de novembro. Será ao mediodía, no Teatro Principal de Santiago, e estará aberto ao público.

Galego, Patrimonio da Humanidade aspira a crear un espazo de debate para a "recuperación do consenso" e contará coa presenza de representantes políticos, sindicais, do ensino, da literatura ou da medicina. Así o anunciou no acto de presentación, que tivo lugar na compostelá Galería Sargadelos. Asistiron persoeiros como os deputados socialistas Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga; a ex-conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón; o escritor Suso de Toro; Antonio García e Ricardo Torres, de UXT, ou Xesús Penedo, de CC.OO, entre outros.

Un dos voceiros da iniciativa, Manuel Bragado, explicou que o evento contará coa participación de "diversas persoas que reflexionarán sobre a actual lexislación da lingua". Tamén confirmou o seu apoio a "outras iniciativas e outras plataformas" en defensa do idioma -como Queremos Galego ou ProLingua- e que participará na manifestación convocada o 18 de outubro contra a actual política lingüística da Xunta.

Outro dos membros da plataforma, Agustín Bahamonde, achacou a "ofensiva" contra o idioma do Goberno a unha intención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, por "agradar a Madrid", xa que ten "aspiracións fóra de Galiza" para "ascender" dentro do Partido Popular. Contra iso, avogou pola "restauración do consenso" e da normativa vixente nos "últimos 25 anos". Tamén lembrou que a lexislación que pretende modificar o Goberno "axústase ao dereito", segundo o Tribunal Constitucional.

Pola súa banda, o secretario do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, enmarcou a iniciativa "fóra de calquera afán exclusivista ou de monopolio de defensa do idioma" e pediu que a manifestación convocada por Queremos Galego sexa "unha expresión de toda esa pluralidade". Así mesmo, criticou o "conflito" creado arredor das lingua, que xera "dúas Galizas en paralelo", ademais de lamentar a "dobre moral" da Xunta e de Galicia Bilingüe ao esgrimir ese bilingüismo e o "dereito a decidir" mentres "defende o monolingüismo en castelán".

"Non podemos aceptar de ningún xeito que se identifique o castelán coa liberdade e o galego coa imposición", aclarou, pois historicamente "foi ao revés". "É unha burla aos falantes, que merecen un respecto". Tamén fixo referencia a que existen "apoios" entre persoas do PPdeG que non comparten a política lingüística da Xunta, aínda que lamentou que só "o recoñecen no ámbito privado".

 

Preme no enlace para ler a nova en VIEIROS http://www.vieiros.com/nova/76741/galego-patrimonio-da-humanidade-convoca-un-acto-de-reflexion-arredor-da-lingua

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO IES DE TEIS

Nesta páxima podes ver o traballo realizado polo ENDL do IES de Teis

http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/secretaria/proxectos/linguistico/index.htm

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

05/10/2009 00:49
22/10/2009 00:49
Etc/GMT

Preme no enlace para ver a normativa legal

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/B0B2?OpenDocument

Preme no enlace para ver o folleto que editou a Consellaría de Educación http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/Inspeccion/Folleto.pdf

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer