A comunidade educativa do IES Lamas de Abade quere facer unha serie de propostas ao concello para mellorar o proxecto de urbanización da rúa Raiola. Unha dársena para os autobuses escolares, a ampliación da rotonda para permitir o xiro ao transporte público e a adecuación da boca da rúa para facilitar o acceso dos vehículos, entre outras, son as demandas que esta comunidade considera imprescindibles para solucionar o problema de seguridade vial e ter uns accesos dignos.
Como quedaría a rúa coa proposta do centro
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer