Candela Martínez Ferro, alumna de 1º de Bacharelato do IES Lamas de Abade, ganou o terceiro premio da cuadraxésimo novena edición do Concurso Minerva do IES Peleteiro na categoria de poesía. Onte, 14 de abril, recolleu o premio (250€ e medalla de prata) de mans do mantedor do acto, Ramón Villares Paz, catedrático de Historia da USC e membro da Real Academia Galega.
Se premes na imaxe da galardoada poderás ver a entrega do premio e escoitar un dos tres poemas ganadores na voz da propia autora.
PARABÉNS!!!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer