O pasado venres, 11 de decembro, entregáronse os premios do VIII Certame de Banda Deseñada AX1 do IES Xelmírez I, no que resultou galardoada a nosa alumna Iría Estévez, hoxe en 4º da ESO, pero que estaba en 3º cando se pechou o prazo para a entrega das obras participantes. No mesmo evento, tamén se entregaron os premios do Certame de Ensaio Subersivo Guillermo Domínguez.
A pandemia non permitiu a celebración deste evento ata a actualidade, non obstante, non lle restou brillo nin prestixio. Así, contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que pechou o acto, e tamén coa actuación do grupo Milladoiro, no marco da Xira Conmemorativa do seu 40 aniversario.
Ademais do premio en metálico, todas as obras recóllense nunha publicación exclusiva. Parabéns para Iría e bos desexos para que siga ganado moitos premios.
Se premes na seguinte ligazón, accedes á páxina web do instituto que recolle varias fotografias do acto.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer