INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

ECONOMÍA (4º ESO)

EN QUE CONSISTE?

Esta materia busca explicar os acontecementos económicos e comprender a linguaxe específica utilizada por economistas e medios de comunicación para analizar eses feitos. O estudo da economía axuda a percibir e a coñecer contorno que nos rodea e a ser persoas informadas e críticas.

QUE SE VAI ESTUDAR? (CONTIDOS)

Ideas económicas básicas: principios, metodoloxía e iniciación á terminoloxía.

Economía e empresa. Análise do papel e o funcionamento das empresas na economía.

Economía persoal. Estudo da transcendencia das decisións económicas e financeiras na vida das persoas, tales como: o orzamento familiar, a xestión do aforro e o endebedamento, a negociación nos mercados financeiros, os tipoloxía de seguros,...

Economía e orzamentos públicos, débeda e déficit público e distribución da renda.

Economía e tipos de xuro, inflación e desemprego. Análise das cuestións económicas máis relevantes e como se relacionan: tipos de xuro, inflación e desemprego.

Economía internacional. Repaso do funcionamento do sector exterior da economía: comercio internacional, globalización, integración económica e monetaria europea, desenvolvemento sustentable.

RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA…

  • O alumado que desexe proseguir estudos de Economía no bacharelato. Non é necesario estudar Economía en 4º de ESO para poder elixir estes estudos no bacharelato, pero sempre axuda ter uns coñecementos previos.
  • Comprender mellor o mundo en que vivimos e os problemas económicos actuais.
  • Aprender a tomar mellores decisións persoais da vida cotiá: sobre consumo, finanzas persoais (aforro, investimento e endebedamento), fiscalidade.
  • Ter unha visión da realidade empresarial, que proporcione argumentos para elixir o tipo de empresa na que desenvolver a futura actividade profesional,
  • Prepararse para o acceso ao mundo laboral, tanto no traballo por conta allea como emprendendo proxectos empresariais propios ou dando continuidade a negocios familiares.
  • Desenvolver valores fronte a determinados problemas como: desigualdades sociais, desenvolvemento sostible, consumo responsable,...

ORZANIZACIÓN DA MATERIA

Detalle dos contidos, materiais, metodoloxía e avaliación.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer