RESULTAN ESPECIALMENTE INDICADAS PARA…
- O alumnado que desexe cursar estudos universitarios das Ciencias Sociais e Xurídicas. Son moitas as titulacións relacionadas coa materia de Economía da Empresa, que pondera con 0,2 e con 0,1 en varios graos.
- Tamén para o alumnado que vaia cursar calquera ciclo de formación profesional, como preparación aos módulos de “Formación e Orientación Laboral” e “Empresa e iniciativa emprendedora“ presentes en todos eles.
- Para os que formulen o seu futuro no mundo laboral tratando de levar adiante os seus propios proxectos empresariais ou dando continuidade a pequenas empresas familiares.
- Para os que busquen un posto de traballo de dirección ou de tipo administrativo ou relacionado con actividades comerciais, hostaleiras ou turísticas.
- Para ter unha visión da realidade empresarial na que, máis tarde ou máis pronto, van desenvolver a súa actividade laboral, sexa cal sexa o seu labor dentro daquela. Estas materias dan resposta a varios interrogantes como que é una empresa e como funciona, que clases de empresas existen, que beneficios e custes supón a actividade empresarial para a sociedade, como é a organización interna dunha empresa, que influenza teñen as tecnoloxías da información e comunicación na xestión,...
- Para comprender mellor o mundo en que vivimos e para aprender a tomar mellores decisións económicas e financeiras: previr o endebedamento excesivo, mellorar as decisións de aforro, coñecer dereitos e deberes como traballadores, formarse como consumidores responsables,…