INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

Que é a FP?

A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión e preparan para o acceso ao emprego.

A formación profesional oferta máis de 150 títulos que se ordenan en familias profesionais - grupos de ocupacións – que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva (comunicación, imaxe e son; electricidade e electrónica; actividades marítimo-pesqueiras, sanidade, etc.)..

Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos.

Os ciclos formativos poden ser:

·         Ciclos de Formación Profesional Básica, que conducen ó Título de profesional básico correspondente e son ensinanzas de oferta obrigatoria e gratuita.

·         Ciclos Formativos de Grao Medio, que conducen ó título de Técnico e que forman parte da educación secundaria post-obrigatoria.

·         Ciclos Formativos de Grao Superior, que conducen ó título de Técnico Superior que forma parte da educación superior.

Como podo acceder?

Podes acceder ben directamente ou ben mediante unha proba, se non reúnes os requisitos do acceso directo. Ambos accesos son incompatibles.

Requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao medio en réxime ordinario (entre outros):

Título de Graduado en ESO.

 Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).

 Título de Técnico ou de Técnico Auxiliar.

Haber superado a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio(para presentarse requerirase ter, a lo menos, dazasete anos cumpridos no ano de realización da proba).

Requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao superior en réxime ordinario (entre outros):

Título de Bacharelato.

 Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)

Título de Técnico Superior, Técnico Especialista.

Titulación Universitaria.

Haber superado a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior (para presentarse requerirase ter 19 anos no ano que se realiza a proba).

Ao rematar, que titulación teño?

Os Títulos que se obteñen ó cursar un Ciclo Formativo teñen carácter oficial e a mesma validez académica e profesional en todo o territorio nacional

Cando conclúas un ciclo formativo podes obter estes títulos:

àTítulo profesional básico, en caso de superar un ciclo de formación profesional básica.

àTécnico/a da correspondente profesión, en caso de superar un ciclo formativo de grao medio. No mundo laboral, acredítache unha cualificación de nivel 2 dentro da Unión Europea.

àTécnico/a superior da correspondente profesión, se superas un ciclo formativo de grao superior. A cualificación que che acredita no mundo laboral é a de nivel 3 dentro da Unión Europea.

Nos seguintes enlaces podes consultar toda a información relativa á FP en Galicia:

Que é FP?   

http://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp

Información sobre as distintas familias profesionais:

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Títulos que se están a impartir actualmente:

http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer