Para realizar estudos de formación profesional de grao superior é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos académicos de acceso:
- Título de Bacharelato.
· - Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)
· - Otras titulacións (Título de Técnico Superior, Técnico Especialista, COU, Titulación unversitaria….)
· - Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Quen se pode presentar ás probas de acceso a grao superior?
Quen non cumpra os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e teña dezanove anos cumpridos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 19 de febreiro de 2020.
Proba de acceso:
A proba de acceso consta de dúas partes:
PARTE COMÚN: Relacionada cos contidos do bacharelato:
-Lingua galega.
-Lingua castelá.
-Matemáticas.
PARTE ESPECÍFICA: Organizarase en tres opcións: A, B e C en función das familias profesionais e as materias establecidas para cada unha delas. Deberase elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a inscripción escollendo dúas das tres materias das que quere examinarse:
OPCIÓN A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés) e filosofía.
OPCIÓN B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
OPCIÓN C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
En que data terá lugar a proba? O 23 de abril de 2020
En que horario?
– Ás 9:00 horas: presentación.
Parte común da proba
– Das 9:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
Parte específica da proba
– Das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida).
Nos seguintes enlace tes información completa sobre:
- Xeneralidades sobre a proba:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior
- A convocatoria desde ano 2020:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
-Contidos de referencia e criterios de avaliación da proba:
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8513
-Modelos de exámes de convocatorias anteriores:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/
-Instruccións para facer a solicitude:
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8584
Se tes algunha dúbida podes consultar no departamento de orientación.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer