Profesorado

Alumnado

ROSALÍA NA LIMIA

O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia.
 
A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
 
Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas.
 
A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas.
 

Final comarcal de campo a través

Este pasado venres celebrouse no hipódromo de Xinzo a final comarcal de campo a través, na que participaron alumnas e alumnos de diferentes cursos do noso instituto. A participación no evento foi organizada pola profesora Verónica Vázquez do departamento de Educación Física, coa colaboración do outro membro do departamento Roberto Mateos.

Alcanzaron, como equipo, o primeiro posto en tres das catro categorías nas que participaban (infantil masculino, cadete masculino e cadete femenino), mentres que no ámbito provincial lograron clasificarse todas e tódolos alumnos que participaron. Por xunto colleitaron cinco medallas, moitos parabéns ao alumnado participante!

Na galería repróducense varios momentos deste evento deportivo.

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Final comarcal de campo a través

Suspensión do transporte de escolares durante o mércores 18

Segundo a Comisión de alerta da Xunta de Galicia, mañá mércores, día 18, está suspendido o transporte escolar nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición nas montañas de Ourense e sur de Ourense (o noso centro está nesta zona).

Está medida só afecta aos escolares transportados, o resto sigue todo igual (salvo que ata mañá houbese outras instrucións por parte da Consellería).

Polo tanto, o centro estará aberto no seu horario habitual; tentaremos impartir clase ao alumnado que acuda, e o profesorado estará dispoñible sempre que lle sexa posible acudir ao seu posto de traballo. Non é descartable que ao longo do día se suspendan as clases, polo que deberán estar atentos e dispoñibles para vir buscar os seus fillos e fillas, de selo caso.

Calquera outro problema ou novidade, intentaremos avisalos o antes posibles, por Abalar, a Web ou persoalmente. Tamén poden consultar a través dos teléfonos do centro (988788548 e 634501975)

 

Adverso metereolóxico de vento, frío e neve para mañá martes 17 de xaneiro

Para mañá esta previsto un adverso meteorolóxico de vento, frío e neve que afectará a toda Galicia.
A Consellería decretou para a zona Sur de Ourense, onde se inscribe a Comarca da Limia, unha supervisión por mor de posibles efectos climatolóxicos que dificulten o transporte escolar, o que supón que mañá haberá transporte escolar de xeito ordinario e por suposto, clases lectivas no seu horario normal.
De todos modos, aínda que haxa transporte escolar, si a situación empeora pola noite é posible que non se poida ir buscar a algún alumnado na contorna por mor da neve.
Así mesmo, é posible que en algún momento da mañá as propias empresas de transporte veñan polos rapaces antes de tempo para levalos a casa si empeora a situación.
O centro permanecerá aberto no seu horario normal e o alumnado atendido polo profesorado que estea no centro.
Sexa como for, intentaremos informar o antes posible de xeito oficial. En caso de dúbida, poden consultar a páxina web oficial da Consellería para ver como se vai xestionando a situación.
Boa noite e vixíen o tempo para ter en conta calquera posible incidencia.

PLAN DIXITAL

Este Plan Dixital foi elaborado por un grupo de traballo de profesores do IES Lagoa de Antela que se reuniu periodicamente para levar as cabo as diferentes tarefas que conduciron á redacción final do Plan.

Plan dixital

Samáin Dptos de Galego e Plástica

Tamén as compañeeiras dos Dptos de Galego e Plástica quixeron celebrar o Samáin; aí tendes a exposición que prepararon con seus alumnos. Non faltaron os efectos de luz nin de son. Terrorífico!

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Samaín Galego

Samaín FPB Cociña

Hoxe os mestres e alumnos de FPBásica de Cociña quixeron celebrar o Samaín,  e amablemente  ofertaron un almorzo terrorífico para o profesorado que o desexase; a esta degustación tamén foi convidada unha representación do alumnado de cada clase. Velaí algunhas fotos do evento.

Álbum: Fotos 2022-2023 -> Samaín FPB Cociña

Recollida vale (25 €) adicional para adquirir material escolar

As familias xa poden recoller no centro o vale adicional de 25 € para adquirir material escolar. O vale debe empregarse preferentemente en librarías/establecementos da localidade antes do 1 de decembro de 2022.

Calendario inicio curso 2022/2023

No calendario axunto fanse públicas as datas de comezo do curso académico 2022/2023 no IES Lagoa de Antela.

 

Listaxes definitiva do Fondo Libros (curso 2022-2023)

Dáse publicidade ao listado definitivo do fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-2023; os listados publicaranse no taboleiro situado no interior do recinto do centro.

Así mesmo, as persoas solicitantes poden acceder por vía electrónica aos seus expedientes (reparto de libros do fondo e vales), a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.