Profesorado

Alumnado

XXXVI CONGRESO DE ENCIGA

Parabéns aos coordinadores (Miguel Ángel Yebra Ferro e Ana Belén Martínez Álvarez) e colaboradores do XXXVI Congreso de Enciga celebrado os días 23, 24 e 25 de novembro. Destacar especialmente a colaboración do alumnado do Clube de Ciencias, que adicou unha gran cantidade de horas, sempre cun sorriso e axudando amablemente aos participantes do Congreso. Moitas grazas tamén aos conserxes Miguel e Paco polo seu traballo abnegado para solucionar pequenos problemas; tamén a Manolo pola súas xornadas interminables e a Iván e o seu alumnado que nos sorprenderon cos petiscos do viño de honra. 

As conferencias, ponencias e saídas pola contorna foron todo un éxito de asistencia. Os participantes levan unha boa impresión da gran riqueza da nosa comarca, para moitos descoñecida ata estes días. 

Na galería de imaxes podes visualizar algún recordo gráfico do Congreso. 

 

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores 22 de novembro o noso alumnado participou nunha Xornada de Campo a Través, actividade organizada polo Departamento de Educación Física. Parabéns polos resultados acadados. Podes obter máis información nesta ligazón, ou visualizar algunha imaxe da actividade na galería

CELEBRACIÓN DO 25 N

Como tódolos anos nestas datas, o IES Lagoa de Antela traballa de xeito colaborativo para a eliminación da violencia contra a muller. 

 

REUNIÓN DE XÓVENES DIVULGADORES

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslagoaantela/system/files/O%20pasado%20fin%20de%20semana%20entre%20o%203%20e%20o%205%20de%20novembro.pdf

 

 

Podes premer na imaxe ou nesta ligazón para máis información. Parabéns, polo seu traballo,  ao noso alumnado e ao Prof. Dr. Miguel Yebra Ferro. 

XXXVI CONGRESO DE ENCIGA

 

Os días 23, 24 e 25 de novembro o noso IES acolle os actos de celebración do XXXVI Congreso de Enciga (Ensinantes de Ciencias de Galicia), que ven reunindo cada ano nestas datas a un bo número de profesores de Ciencias de Galicia e norte de Portugal. Ademais do  intercambio de experiencias  entre ensinantes e científicos, durante estes tres días desenvolveranse no IEs diversas conferencias, ponencias e presentacións tipo cartel relacionadas co ensino das ciencias, complementadas con viaxes culturais e didácticas pola contorna. 

Coordinan este congreso a profesora Ana Belén Martínez Álvarez (profesora de Música e directora do Centro) e o profesor Dr. Miguel Ángel Yebra Ferro (profesor de Física e Química e Xefe de Departamento); tamén conta ca colaboración de varios profesores e profesoras dos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Artes Plásticas e Lingua Castelá e Literatura. 

Nesta ligazón podes obter máis información do congreso. 

 

INAUGURACIÓN DO "MAR DE ANTELA"

 A inauguración oficial do "Mar  de Antela" terá lugar o vindeiro   mércores 18 de outubro, ca  presenza de autoridades educativas.
Neste  enlace podes atopar unha boa colección de fotografías do proceso de elaboración.          

 

Listaxe libros de texto do curso 2023-2024

Faise pública a listaxe dos libros de texto para o curso académico 2023-2024.

Calendario fin de curso 2022/2023

Faise público o calendario fin de curso 2022/2023