Dous traballos dos presentados ao 38º Encontro de Xoves Investigadores por alumnado do IES Lagoa de Antela dirixidos polo profesor Miguyel Yebra (“¿Afecta la cantidad de superficie a la fuerza de rozamiento?” y “¿Todos los pelos tienen el mismo grosor?”) foron becados na presente edición.
O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia.
A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas.
A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas.