Desde o 1 ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2024/25 para todo o alumnado ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
A solicitude deberá facerse a través da aplicación admisión alumnado.
Un ano máis, o IES Lagoa de Antela vén de participar o mércores 7 de febreiro na entrega dos Premios Literarios San Clemente. Asistiron ao acto os nosos alumnos Rodrigo Díaz, Imane Harak, Carmen Mariño, Mateo Rúa e Alexandra Virtus, acompañados polas profesoras Belén Castro e Julia Pulido.
Podes ver algunha fotografía do acto na galería de imaxes e tamén un artigo da prensa.
Os alumnos de francés de 2ºESO visitaron o 18 de decembro a Alliance Française de Vigo onde participaron en varios obradoiros: DELF, historia da Alliance Française e visionado dunha cortometraxe de animación en VOSE. Remataron a Xornada de impulso á lingua e cultura francesas no centro comercial Vialia, onde tiveron a ocasión de xantar e mercar algúns agasallos para este Nadal. Desde o Departamento de Lingua Francesa do IES Lagoa de Antela, agradecemos aos profesores acompañantes a súa participación nesta actividade: Manuel Núñez (profesor de lingua francesa), Carmen Lago (profesora de lingua inglesa) e Sara Álvarez (profesora de lingua francesa), nestas xa III Xornadas de impulso á lingua francesa do noso Instituto.
Podes ver imaxes da visita nesta ligazón.
A pasada ponte da Constitución e da Inmaculada, do 6 ao 9 de decembro, dous estudantes de 3º da ESO: FABIAN NOGUEIRAS RIVERA e HELDER MORAIS DOMÍNGUEZ (ÍAN MELIO ÁLVAREZ tamén traballou nel pero non puido asistir) acompañados do seu profesor e titor no Club de Ciencias do IES Lagoa de Antela, Prof. Dr. Miguel A. Yebra Ferro, asistiron ao Encontro Internacional de Jóvenes Investigadores a presentar o seu traballo de investigación : "pH de cenizas de árboles y arbustos en Galicia y cultivo de leguminosas en tierras quemadas". Parabéns, de novo, polo seu traballo.
Podes obter máis información e visualizar fotos nesta ligazón.
Estréase a curtametraxe "ABRE OS OLLOS", realizada polo CDR O Viso, cun grupo de estudantes do IES Lagoa de Antela.
Parabéns aos coordinadores (Miguel Ángel Yebra Ferro e Ana Belén Martínez Álvarez) e colaboradores do XXXVI Congreso de Enciga celebrado os días 23, 24 e 25 de novembro. Destacar especialmente a colaboración do alumnado do Clube de Ciencias, que adicou unha gran cantidade de horas, sempre cun sorriso e axudando amablemente aos participantes do Congreso. Moitas grazas tamén aos conserxes Miguel e Paco polo seu traballo abnegado para solucionar pequenos problemas; tamén a Manolo pola súas xornadas interminables e a Iván e o seu alumnado que nos sorprenderon cos petiscos do viño de honra.
As conferencias, ponencias e saídas pola contorna foron todo un éxito de asistencia. Os participantes levan unha boa impresión da gran riqueza da nosa comarca, para moitos descoñecida ata estes días.
Na galería de imaxes podes visualizar algún recordo gráfico do Congreso.