Profesorado

Alumnado

Listaxes provisionais do Fondo Libros (curso 2022-2023)

Dáse publicidade ao listado provisional do fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-2023; os listados publicaranse no taboleiro situado no interior do recinto do centro.

Así mesmo, as persoas solicitantes poden acceder por vía electrónica aos seus expedientes (reparto de libros do fondo e vales), a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Listaxe libros texto para o curso 2022/2023

No arquivo axunto están recollidos os libros de texto que se empregarán nas diferentes materias durante o curso escolar 2022/2023.

Libros texto 2022-2023

Horario de apertura durante o verán

Durante todo o verán o centro permanecerá aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 h

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN - CURSO 2021-2022

Publicación dos criterios transitorios para o curso 2021-2022 pola aplicación dos preceptos da LOMLOE para este curso (fase 2ª) segundo á Orde do 25 de Xaneiro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Solicitude admisión para o curso 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022/2023 está aberta dende o 1 ata o 21 de marzo.

Entre o noso alumnado repartirase mañá venres unha folla para que certifiquen a súa permanencia no centro, que terán que entregar no centro firmada polos dous proxenitores ao final da semana que ven. No caso de non entregala perderán o dereito á reserva de praza no mesmo.

As solicitudes de admisión para alumnado que proceda de fóra do centro, ou para alumnado do noso centro que queira cambiar de centro educativo deberá presentarse no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común,  incluída  a  SEDE  ELECTRÓNICA,  para  o  que  se  precisará  de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden consultar na páxina web as instruccións da Consellería e os documentos descargables.

Solicitude de reserva (permanencia) ED550A-C.pdf

Solicitude de reserva (permanencia) ED550A-G.pdf

Solicitude de reserva (1º Bacharelato) ANEXO-I-II_ED550A_RESERVA-1ºBAC-XERAL.pdf

Solicitude admisión ED550B-G.pdf

165.98 K

Publicación listaxes de reserva para o curso 2022/2023

Faise pública a listaxe definitiva de reservas, todas elas admitidas, para o curso 2022/2023 de alumnado procedente de centros adscritos ao IES Lagoa de Antela para o primeiro curso da ESO.

A información contida neste informe pode visualizarse:

  • presencialmente, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
  • telematicamente, a través da apliación admisiónalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital

Horario do centro durante as vacacións de Nadal

 

Durante o período de vacacións de Nadal (do 22 de decembro ao 9 de xaneiro, ámbolos dous incluídos) o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 horas, a excepción do venres 24 de decembro, o venres 31 de decembro, e o xoves 6 de xaneiro que permanecerá pechado.

 

Listaxe de admitidos e excluídos do proceso de distribución de máscaras

Nos taboleiros do centro están publicados os listados de alumnado admitido e excluído do proceso de distribución de máscaras.