Profesorado

Alumnado

Novos positivos no centro

Bo día,
 
esta semana acumulamos 5 novos positivos no centro. 3 deses casos corresponden coa aula confinada de bacharelato como era previsible.
Os outros 2 casos foron contactos con positivos fóra do ambiente escolar.
 
En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.
O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
 
De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.
 
Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.
 
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela

Comunicación positivo 2º BROTE e peche aula 1º BACH B

Bo día,

a semana pasada producíronse 2 novos positivos no centro. Ao coincidiren con outro postivo máis na mesma aula, a Xefatura Territorial de Sanidade decidiu pechar a aula de 1º Bacharelato B, polo que se suspende a docencia presencial e se activan o horario espello unicamente de esa aula.

En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento. O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
 
Podedes consultar o resto da información na páxina WEB ou na carta anexa a este correo.

Calquera dúbida ou cuestión, podedes facelo en Xefatura.
 
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela

Confirmación novos casos da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA

Bo día,

informamos á comunidade educativa da existencia de 6 novos positivos no centro. Realmente foron 3 positivos procedentes das vacacións de Nadal máis outros 3 da semana pasada, pero que aínda agora transmitiron os contactos estreitos dende a Consellería.

Pese ao rechamante da cifra, os positivos producíronse por contactos externos ao centro non identificando transmisión de ningún caso dentro do mesmo (ou sexa, ningún positivo provocou outros positivos nos compañeiros/as) polo que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.

De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.

Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.

Saúde e sorte

Equipo Covid IES Lagoa Antela

Carta comunicación positivo nº7 e brote nº1

Comunícase a confirmación de outro novo caso (o 7º) da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA o que supón a aparición do 1º BROTE referido a unha aula do noso centro, ao que acode o seu fillo ou a súa filla.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar medidas de prevención que se comunican na carta que se axunta, así como o horario de docencia online.

Carta comunicación positivo nº7 e  brote nº1

Confirmación de un terceiro caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA

Comunicase a confirmación de un terceirto caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA.

No documento axunto máis información

Confirmación de un segundo caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA

Comunicase a confirmación de un segundo caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA.

No documento axunto máis información

Plan de continxencia e Plan de adaptación á situación COVID-19

Reprodúcense a continuación en arquivos independentes o Plan de contixencia e o Plan de adaptación á situación COVID-19.

Confirmación de un caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA

Comunicase a confirmación de un caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA.

No documento axunto máis información

Modelo de declaración responsable das familias para o protocolo Covid-19

Axúntase o modelo de declaración responsable das familias para o protocolo Covid-19 en centros educativos. O día da presentación o alumnado ten que traer asinada esta declaración:

Tamén se axunta a enquisa de autoavaliación diaria, recoméndase facela antes de saír da casa:

PROTOCOLO COVID-19

Resumo do protocolo COVID-19