IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O departamento de música, en colaboración coa Biblioteca, presenta un ano máis a III Semana da Música.

Este proxecto nace coa idea de que o alumnado poida ampliar a súa formación, recibindo clases de varios profesionais invitados, versados en áreas musicais diferentes ás impartidas a diario polo profesorado deste departamento.

Estas xornadas, nas que se desenvolveran actividades como obradoiros, conferencias e coloquios, rematarán cun Concerto de Clausura a cargo do alumnado, que será dirixido polo profesorado participante.

Cartel II semana Música

Cabe destacar que contaremos cun equipo especializado destinado á gravación do son e da imaxe, o que lles permitirá aos rapaces e rapazas, descubrir esta faceta dunha forma práctica, converténdose eles, por uns instantes, en verdadeiras e verdadeiros profesionais da interpretación musical.

Coa total certeza de que estas experiencias enriquecen o coñecemento musical e artístico do alumnado e fortalecen valores indispensables para o crecemento persoal como  son o esforzo, a sensibilidade, o compromiso ou a disciplina, comenzamos, coa colaboración impagable da nosa comunidade educativa, a conta atrás para estas xornadas.

Xa estamos desexando comenzar!

 

Estas semanas contamos con Cristina Varela Hermida realizando as prácticas do Máster no departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O alumnado de 1º ESO C-D, 1º Bacharelato A-C e a súa titora de prácticas querémoslle amosar o noso agradecemento e felicitar a Cristina, polo traballo desenvolvido durante estas semanas cos diferentes grupos, destacando a súa implicación nas clases, así coma, o seu grao de empatía.
Durante o tempo que estivo connosco realizou con responsabilidade as súas prácticas amosando gran estusiasmo polo traballo. Agardamos que esta experiencia fose tamén interesante para ela.
Agradecemosche a túa dedicación, e en nome de todos/as desexámosche moita sorte¡¡¡

O prazo de prematrícula para as ABAU será do 20 ao 24 de maio.

O alumnado matriculado no centro para as ABAU recibirá de xeito automático unha solicitude de conta de usuario para poder acceder a NERTA (recibirán na súa conta de correo electrónico o código necesario e información cos pasos a seguir para completar a activación da conta de usuario solicitada).

O alumnado pode consultar nas seguintes ligazóns os documentos coas instruccións para a aplicación NERTA e outra información:

Hoxe,17 de maio, celébrase o “Día das Letras Galegas”, recordando que Rosalía de Castro publicou nesa data no ano 1863 a súa obra Cantares Gallegos.

Para celebrar esta conmemoración, no noso instituto quixemos  facer algo diferente implicando a alumnado de diferentes niveis e por suposto a diferentes departamentos.

Nunha serie de tres vídeos presentámosvos a distintos personaxes galegos todos eles relacionados coa nosa  cultura: cantantes, músicos, escritores, loitadoras, empresarios, pintoras, intelectuais, deportistas, actrices, heroínas…en definitiva ilustres personalidades… 

 

 

Os compañeiros  de diúrno e  nocturno caracterizáronse destes misteriosos personaxes e deron  unha serie de datos e pistas  sobre eles. É aí onde comeza o voso traballo, ser quen de adiviñar cada un deles.

Grazas a todo o alumnado participante así como a cada un dos membros da Comunidade Educativa que colaboraron neste traballo. Un recoñecemento especial a todos os profesores que cederon o seu tempo de clase para as gravacións.

 

 Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias (1962-2003), unha da voces destacadas da poesía galega contemporánea. 

 


 

 

Ademais de poeta, Xela Arias foi tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos.

É autora dos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003).

 

Fixo traducións ao galego de obras como Drácula de Bram Stoker, As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, entre outros autores.


        Xela Arias foi unha autora con vocación feminista, transgresora e pioneira tanto na estética como na poética e cun alto grao de conciencia idiomática e estima pola lingua. “O idioma é o principal signo dunha cultura”, dicíao en 1988: “Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma, alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma”.

 

Exposición no centro


 
Se queredes coñecer máis da obra e da biografía de Xela Arias, podedes clicar nas seguintes ligazóns:

 

  

    Ademais podedes ver un videoclip da formación musical “A banda da loba” cunha versión musicada de “Intempériome”:

Esperamos que vos guste!!!

Velaí vai o vídeo-poema Tecín soia a miña tea de Rosalía de Castro interpretado pola nosa alumna Lucía Sánchez Seoane, de 2 de Bacharelato, finalista da IV edición dos Premios Casa Fundación Manuel María. Nesta edición foron 122 os traballos presentados, quedando Lucía, entre os 11 finalistas. Parabéns polo traballo realizado.

Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido  neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota  de admisión nos Graos do curso 2020-2021.

Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria.

Pablo recollendo o premio

É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar  a súa solidariedade, o seu  respecto e o seu saber estar. 

Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo  que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xeito, coñecemos as experiencias que está empezando a percorrer como universitario e que seguro interesarán ao noso alumnado.

Desde as nosas ondas, estamos encantados da súa visita… Grazas,  Pablo, por todo.

Pablo e Basi durante a entrevista na radio do centro

 

Aquí tedes o podcast coa gravación

Ou se o preferides, poder ver a entrevista

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa Biblioteca convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O tema das fotografías será ECOSISTEMAS DA CONTORNA. Con esta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia que ten o medio ambiente.

cartel concurso

A perda de ecositemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbón, como os bosques e as turbeiras. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático catastrófico.

A perda de ecosistemas implica que se reduza o hábitat natural para os animais, creándose así as condicións idóneas para que os patóxenos, incluidos os coronavirus, se propaguen

bases concurso

Partindo de diferentes puntos de vista, o alumnado de Literatura universal (1º BAC) e  Ciencias da Terra e do Medio Ambiente (2º BAC) traballou textos literarios de  Ovidio, Garcilaso de la Vega, Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Walt Whitman e Truman Capote. A aproximación aos textos centrouse no valor concedido  á paisaxe, plantas e flores nos textos e períodos literarios propostos, dando lugar a un enriquecedor debate que veu demostrar que os puntos de vista diferentes non son senón ferramentas para traballar o noso coñcemento. Se aprendemos a ver e interpretar desde múltiples e diferentes perspectivas, ampliamos a nosa capacidade de aprendizaxe.

Graciñas aos departamentos de Ligua Castelá e Literatura e de Bioloxía e Xeoloxía pola iniciativa.