IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Neste curso 2021/22 o alumnado de ensinanzas posobligatorias (Ciclos superiores e Bacharelatos) deberán adquirir a tarxeta Xente Nova para poder facer uso do transporte. No centro non se poderá tramitar esta tarxeta nin reservar praza. Coa tarxeta Xente Nova os importes inicialmente aboados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web bus.gal.

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unhas producións audiovisuais nas que intentamos mostrar unha pequena parte de todo o traballo feito durante a III Semana  da  Música:

  • A apertura da III Semana da música coa charla sobre  “A Música e o cerebro” impartida por Iria Rajal e a interpretación do alumnado de música de  2º Bacharelato “Relax” do cantante Mika.

 

  • Os obradoiros de :
    • Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández
    • Os instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina
    • Percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño
    • Musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal.

 

  • E como non, os concertos de todo o noso alumnado, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música:
    •  Concerto I realizado polo alumnado de  2º e 3º da ESO, que por primeira vez subían ao escenario para converterse nunha Orquestra Orff

    • Concerto clausura a cargo do alumnado de música de  4º ESO, 1 e 2º Bacharelato que unha vez máis mostraron toda a súa arte facendo desfrutar ao público en todo momento

 

Agradecemos a colaboración impagable  da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas  para desenvolver este proxecto.

 

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración e audicións conformado polo alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharealto, xunto co incansable equipo de alumnos/as de 2º Bacharelato , encargados da montaxe e deseño gráfico de todos os vídeos creados ao longo do curso, pola súa dedicación e profesionalidade: Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau capitaneados por Xairo Campos Blanco.

 

Esperamos que desfrutedes con estes  catro vídeos

 

Bo verán!!!

Os nosos parabéns á alumna Lola Collazo de 3º ESO A por ter acadado un premio accésit no XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Relato curto), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña. 

Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións.

Deixámosvos unha imaxe da entrega do premio á nosa alumna Lola, celebrada o venres, 18 de xuño no IES Eusebio da Guarda.

Máis información pulsando aquí

As imaxes premiadas neste curso 2020/21 son as seguintes:

Portada gañadora 

Portada Axenda

Rebeca Gómez Cuns (4º ESO C)

Premios 1º Ciclo de ESO Premios 2º Ciclo de ESO

Concurso Axenda

Uxía Marrozos Loureiro (2º ESO B)

Concurso Axenda

José Alberto Suárez Pérez (4º ESO C)

Concurso Axenda

Xavier Sánchez España (2º ESO B)

Concurso Axenda

Nicolás Lorenzo Nicolson (4º ESO D)

 

O IES Isidro Parga Pondal quere expresar o seu máis profundo pesar pola traxedia vivida na comunidade educativa de Carballo, así como a solidariedade co CEIP Fogar e coa familia do neno neste momento tan amargo.

Teñen dereito a contía de residencia os/as alumnos e alumnas matriculados/as na modalidade de REXIME ORDINARIO e presencial, sempre e cando cumplan os requisitos académicos e económicos, nos seguintes estudos:

    • BACH. (ARTES)
    • CFGM, CFGS
    • TITULOS SUPERIORES EQUIVALENTES A GRAO

Os alumnos e alumnas de 1º CURSO que aspiren a  esta contía deben  solicitar en primeiro lugar os centros nos que se imparta o ciclo que desexen cursar e que estén máis preto do seu domicilio. No caso de que non obteñan praza poderán optar a contía en calquera outro centro, sempre e cando vivan nun piso de aluguer ou nunha residencia, cunha distancia maior de 25 kms ao seu domicilio ou cando se entenda que polos horarios lectivos ou os medios de transporte é necesario residir fóra da residencia habitual da unidade familiar.

Maís información

Hoxe, día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Ante o gran problema da destrución de ecosistemas, céntrase na súa restauración co lema “ Reimaxina, recrea, restaura”.  O día 5 de xuño de 2021 arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre Restauración de Ecosistemas que  ten como obxectivo previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas en todos os continentes e océanos.

Os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. Da saúde dos ecosistemas depende directamente a saúde do noso planeta e dos seus habitantes.

Conmemoramos este día cunha exposición das fotografías do concurso “Ecosistemas da contorna” do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e varios murais coa temática do lema deste ano: “ Reimaxina, recrea, restaura”.

concurso

ganadores

carteles 1

carteles 2

 

O alumnado de 1º ESO fixo un traballo sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos.

 vitrinas

vitrina dereita

vitrina izquierda

 

Por outra parte, o alumnado de 4º ESO de Francés expón cales son os dez actos que debemos levar a cabo para protexer o noso planeta.

panel frances 

 

Esperamos contribuír con estas accións á formación de cidadáns solidarios e respectuosos co Medio Ambiente.

 

O día tres de xuño, os alumnos de 4º Eso (Economía e IAEE), do Ies Isidro Parga Pondal recibiron unha charla sobre Banca Ética, Cooperativismo e Microcréditos.
O relator Gonzalo Gesto, Coordinador GIT Galiza Norte e Asturias de Fiare Banca Etica, presentounos os principios sobre os que se sustenta a Banca Ética: a transparencia, a participación e democracia, a sobriedade, a eficiencia e, por último a atención ás consecuencias non económicas das accións económicas. Sorprendeunos co Balance Social e a súa forma de actuar na Sociedade. Os casos, todos reais, amosaron o cambio de paradigma que se pode dar nun negocio tan controvertido como é o financieiro.  Os alumnos aproveirtaron para  preguntarlle polo salario do director xeral do banco ético. A resposta foi contundente, "o salario do  que máis cobra na empresa  é como máximo seis veces o do salario máis baixo".
Destacou tamén a presenza en Galicia doutras entidades de finanzas éticas como Coop' 57 Galicia e AIS "O Peto". Destacounos como proxecto relevante do Coop´57 Galicia a sala Numax en Santiago de Compostela.
Outros proxectos fora da Comunidade Galega relevantes polo seu impacto social: a empresa de inserción social do Grupo Peñascal, ou o caso de Trabensol (Madrid), que constrúe unha vivenda comunitaria feita a medida para os seus socios, para cando se xubilen; Montañuela (Burgos) produción agroecolóxica ou ben, Microfides (Navarra) con microcréditos para intervencións no Senegal, Ecuador ou Nicaragua.