O pasado xoves 16 de decembro a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) deu unha charla aos alumnos de Cultura Científica de 4º de ESO do noso centro. Nela faláronnos de que é a “custodia do territorio” e a súa importancia na conservación de especies, poñendo especial fincapé nos proxectos que teñen en marcha para protexer a flora ameazada no Courel e na Serra do Careón.
Se queredes saber máis sobre esta asociación e a importante labor que levan a cabo premede na seguinte ligazón:
https://www.custodiadoterritorio.org/
O pasado día 14 de decembro tivemos o pracer de contar con Fernando Cabeza Quiles, autor da obra "Segredo dos zapatos" e co ilustrador da mesma obra, Mon Lendoiro.
Foron unhas xornadas moi interesantes e dende aquí queremos transmitirlles o noso especial agradecemento aos dous.
O xoves, 09 de decembro, o alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu a un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Tras unha breve presentación, feita polas alumnas Judith Añón Carracedo e Ánxela Palomero Agra, a escritora falounos da temática da novela Senlleiras e do proceso da súa escrita. Finalmente contestou ás preguntas que os alumnos e alumnas lle fixeron e asinou e adicou os seus libros.
Agradecemos a xestión da profesora Beatriz Corral para que esta actividade fose financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22. Deixámosvos algunhas imaxes deste encontro con Antía Yáñez e esperamos que vos animedes a ler calquera dos seus libros.
A alumna do noso centro Uxía Marrozos Loureiro obtivo o 1º premio na categoría feminina no III Torneo de Xadrez de Nadal Xiria Carballo, celebrado o mércores 8 de decembro.
Ademáis quedou de 16 (empatada co 14) a tan só medio punto dos primeiros na clasificación xeral.
• Un cento de alumnos e alumnas de 1º ESO participaron hoxe no obradoiro organizado polo centro carballés con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego
• A iniciativa ten como obxectivo visibilizar as mulleres e a lingua propia de Galicia no ámbito da ciencia e da investigación, así como dar a coñecer e fixar referentes que animen ás alumnas a cursar as coñecidas como carreiras STEM
O próximo día 25 de Novembro procederase á votación dos distintos colectivos para a renovación do Consello Escolar.
Este venres día 12 tivo lugar a cerimonia de entrega das medallas GaliciaSkills 2021
Martín Cambón Recarey, alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, titorizado polo profesor Diego Terrón del Valle, resultou gañador da medalla de ouro da competición de GaliciaSkills 2021 na especialidade de Administración de sistemas en rede.
Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Língua Galega e da Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes:
FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio.
MATERIAL: Cartolina ou folio.
MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega.
TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...).
CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ...
DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal.
ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores ou de Artes Plásticas, de Galego ou na Biblioteca ata o venres, 10 de decembro.
PREMIOS: O xurado concederá 3 premios ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración e texto en lingua galega.
1º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 30 EUROS.
2º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 25 EUROS.
3º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 20 EUROS.
Farase unha exposición coas postais participantes no concurso.
A postal gañadora poderase editar para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
Anímate e participa!
(No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)
Cada dous anos procédese ás eleccións aos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto. (incorporaranse os documentos relacionados e as novas a medida que se vaian celebrando os distintos items)
Censos Electorais
Dende o día 4 de Novembro encóntrase publicados os distintos censos:
Candidaturas
Para a presentación de candidaturas poden recoller o impreso na conserxería do centro ou ben descargar o arquivo directamente dos enlaces que aparecen a continuación.
Unha vez cuberto débese presentar na secretaría antes das 14:00 do día 15 de Novembro
Calendario
DATA |
PROCESO |
3 de novembro |
Constitución da Xunta Electoral ás 11:00 horas: ▪ Publicación do calendario electoral ▪ Aprobación e publicación provisional dos censos
|
Do 4 ao 15 de novembro (ambos os dous incluídos) |
▪ Admisión de candidaturas (Ata ás 14:00 horas do día 12 de novembro) |
16 de novembro |
▪ Proclamación de candidaturas |
17 e 18 de novembro |
▪ Reclamacións á proclamación de candidaturas |
19 de novembro |
2ª reunión da Xunta Electoral ás 11:00 horas. ▪ Resolución de reclamacións ▪ Proclamación definitiva e publicación de candidaturas ▪ Aprobación definitiva e publicación de censos electorais ▪ Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais ▪ Sorteo público para designación de mesas electorais |
25 de novembro |
Constitución mesas electorais e votacións: ▪ 09:30 h - 14:00 h / 16:40 h – 19:30 h: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio alumnado ▪ 12:00 h - 14:00 h / 17:00 h - 19:30 h: Constitución mesa electoral, votación e escrutinio pais/nais ou titores/as legais ▪ 14:10 h: Claustro extraordinario para a constitución mesa electoral, votación e escrutinio do profesorado
3ª reunión da Xunta electoral: 19:30 h ▪ Resolver as reclamacións contra ás Resolucións das mesas electorais ▪ Proclamación de candidaturas electas |
No interior da nova achéganse contidos mínimos para o curso 2021/22.