Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado xoves 16 de decembro a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) deu unha charla aos alumnos de Cultura Científica de 4º de ESO do noso centro. Nela faláronnos de que é a “custodia do territorio” e a súa importancia na conservación de especies, poñendo especial fincapé nos proxectos que teñen en marcha para protexer a flora ameazada no Courel e na Serra do Careón.

Se queredes saber máis sobre esta asociación e a importante labor que levan a cabo premede na seguinte ligazón:

https://www.custodiadoterritorio.org/