Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Língua Galega e da Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes:
FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio.
MATERIAL: Cartolina ou folio.
MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega.
TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...).
CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ...
DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal.
ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores ou de Artes Plásticas, de Galego ou na Biblioteca ata o venres, 10 de decembro.
PREMIOS: O xurado concederá 3 premios ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración e texto en lingua galega.
1º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 30 EUROS.
2º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 25 EUROS.
3º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 20 EUROS.
Farase unha exposición coas postais participantes no concurso.
A postal gañadora poderase editar para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.
Anímate e participa!